Nas últimas semanas varias persoas polo punto dando conta de que recibiran unha carta na que se lles indicaba que eran beneficiarias do Bono Social Térmico. Partillamos a información elaborada pola xente de Alianza Pobreza Enerxética que responde a moitas das dúbidas que xurdiron nestes días a propósito do bono.
O Bono Social Térmico é unha axuda estatal –sufragada polos Orzamentos Xerais do Estado e non polas compañías– ás familias acollidas ao bono social eléctrico para axudalas a facer fronte aos gastos de calefacción dos fogares. O cartos recibidos varían segundo:
1) A nosa condición de vulnerables ou vulnerables severas no bono social eléctrico, categorías baseadas principalmente nos ingresos do fogar. Lembramos a infografía onde explicamos o bono social eléctrico: http://pobresaenergetica.es/wp-content/uploads/2018/11/cuadro-resumen-RD-Reforma-Bono-Social-20181024-edited.pdf
2) A zona climática do noso domicilio, que se calculará tendo en conta a altura do noso municipio respecto do nivel do mar e a nosa provincia. En función da zona na que residas a contía varia, calcula a túa zona climática en: http://www.bonotermico.gob.es
Como podemos acceder á axuda do Bono Social Térmico? Temos dúas opcións:
1) De termos a nosa factura domiciliada, o ingreso farase de xeito automático na conta corrente na cal nos cargan os recibos.
IMPORTANTES! De non termos a factura domiciliada (pagamos os recibos en Correos, no banco, nas oficinas da compañía ou por teléfono) temos 10 días hábiles desde que recibimos a carta para facilitar a conta corrente ao Ministerio. Pódese facer por dúas vías:
- Encher o formulario que atoparemos en: https://energia.gob.es/bono-cuenta. Teremos que escribir o noso NIF (DNI ou NIE), o código de referencia de 6 letras que se inclue na carta que recibimos e o número da nosa conta (código IBAN que coemza por ES).
- Encher a parte de atrás da folla que recibimos (Importante!: deixar en branco a parte da renuncia) cos nosos datos e enviala a:
Dirección General de Politica Energética y Minas, Paseo de la Castellana 160, Planta 6.ª, 28071 Madrid
Atoparedes esta información e moita máis para facer valer o teu dereito á subministración básica na nuestra web: http://pobresaenergetica.es/bono-social-termico-que-es-como-puedo-accede...