Dámoslle pulo a actividade que este mércores 15 de maio organiza a Rede de apoio ás persoas refuxiadas. Convídannos á proxección do documental "Refugeless" (sen refuxio) de Eva Serós e Jose Márner. Será o mércores 15 de maio ás 20h00 no café "De catro a catro".
Partillamos o texto da convocatoria: "teremos o privilexio de poder escoitar a dous voluntarixs que estiveron nos campos de refuxiadxs en Grecia e que poden explicarnos a súa situación persoal ali e tamén da asociación RefuCoru que fundaron fai 2 anos en Coruña coa que están informando e asesorando ás persoas refuxiadas que actualmente residen aquí.
Esta actividade está organizada pola Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas que actualmente en Vigo está composta por diferentes organizacións (Bienvenidos Refugiados Galicia, CUT, EQUO, IU, Rede contra os malos tratos de Vigo, CIG e SOS Racismo Galicia) e persoas individuais que queremos facer fincapé no esquecemento que esta realidade dende que xa non é noticia nos medios de comunicación".