Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Estamos nun momento no que sectores de poboación que sobrevivían grazas aos traballos na construción ou no sector da automoción, por poñer dous exemplos paradigmáticos, decátanse de que a vida tal e como a tiñan montada de súpeto se derruba.

Esta semana vai estar en Santiago de Compostela Enrique Martínez Reguera educador que leva décadas vivindo e defendendo a rapaces maltratados polas institucións que din protexelos. É unha boa oportunidade de escoitar un discurso crítico e achegarse a unha vida marcada pola militancia na defensa da infancia. Así presentan a charla a xente de Galicia Solidaria:

¿Por que estamos "desbordados" cos nenos e mozos? ¿Por que eles están "desbordados" cos adultos? ¿Temos educadores vocacionados? ¿Ten algo que ver a educación e a política?

¿Que papel ten a crianza? ¿Por que hai "menores infractores"? ¿Sabemos querer aos nosos nenos e mozos? ¿Protexémolos ou nos protexemos deles?

Estas e outras cuestións serán abordadas este XOVES 23 ÁS 20H00 NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE "GUILLERMO ROVIROSA"

Rúa do Home Santo 47, baixo (preto da estación de buses).

---

Fonte: galiciasolidaria.blogspot.com/2012/02/esta-semana.html

Onte no DOG publicabase a orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012.

As compas de G.A.S. sacan á rúa Fractura nº1 sobre o transporte urbano en Vigo.

O ano 2012 comezou no concello de Vigo cunha suba do 4.27% no prezo do Vitrasa (ademais do 3,8% en taxas e impostos), que nos sitúa como un dos municipios co transporte urbano máis caro.

As/os usuarias/os de Vitrasa temos que pagar 1,22 euros cada vez que empregamos o servizo; 0,84 coa tarxeta verde. Pero a viaxe sáenos en realidade aínda máis cara, posto que o prezo real é de 1,25 euros.

A diferenza entre este valor e o prezo bonificado, dámoslla a Vitrasa a través do Concello de Vigo. Máis de nove millóns de euros ao ano. Xusto a cantidade na que parece ser que se reducirán as partidas sociais no orzamento de 20122.

Levamos varias semanas preparando unha nova campaña e no proceso de elaboración da mesma fomos atopando novas que poñen de manifesto a enorme cantidade de recortes no terreo dos dereitos sociais. Aquí deixamos unha mostra do atopado que ordenamos por administracións para facilitar o seu seguimento:

:: Na Xunta de Galiza

- Foron eliminadas as Axudas de integración ao Menor no 2011. Segundo di a lei tratábse de axudas individuais de prevención e apoio á familia e atención ao menor, mediante o procedemento de concorrencia competitiva  A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico e profesional ás familias para garantirlles a atención adecuada aos seus fillos e favorecer que permanezan no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar, así como facilitarlles ás unidades familiares a adquisición de habilidades de atención, coidado e educación dos menores así como a capacidade de autoorganización do núcleo familiar.

Continúan a medrar os problemas que vimos vivindo dende hai anos.

Se paramos a nosa ollada na RISGA os datos dan pena, mentres os medios recollen todos os días novas do que se fai cos nosos cartos. Estes días tocaron exemplos das axudas á banca e á industria do automóbil.

Así as perceptoras de RISGA teñen que malvivir con realidades coma estas, segundo datos da Xunta para o primeiro semetre de 2011:

- A contía media da RISGA é de 387,17 €

- En Vigo hai 1123 perceptoras da RISGA, con datos coma estes

- O 40% das solicitudes de RISGA son desestimadas

Achegamos un informe que analiza os recortes por comunidades autónomas en materia sanitaria, ao igual que no terreo dos servizos sociais estas medidas non fan máis que afondar, baixo o todo é necesario pola "crise", dinámicas necesarias dende o punto de vista capitalista.

Así presentan o informe:

"Las políticas de recortes en la Sanidad Pública española están siendo aplicadas desde las CCAA que son las que tienen  asumidas las competencias sanitarias, y han sido llevadas a cabo con una intensidad variable según cada una de ellas.

Es evidente que esta diversa aplicación esta mediatizada por muchos factores que van desde el color político, los problemas presupuestarios y la cercanía electoral. Aunque parece obvio que estamos ante una primera fase de los recortes y que es probable que se produzca otra cuando en marzo, después de las elecciones andaluzas, se presenten los presupuestos generales del estado, y que ello puede tener repercusiones importantes en cuanto a nuevas medidas mas importantes.

As compas do Parke seguen a loitar en defensa dos seus dereitos, loita que serve de guía para moitas outras iniciadas en tantos territorios. O tempo segue a pasar sen que as administracións dean respostas, por iso este xoves 2 de febreiro se cumprirán 42 de folga indefinida e 88 días de estancia indefinida en Valencia na campaña SOS Parke.

Dende aquí amosamos todo o noso cariño e apoio a esta loita. Se queredes saber algo máis deste pulso e por se vos cadra por terras valenciás aquí tedes máis información: coordinacionbaladre.org/modules.php?name=News&file=article&sid=2376

A semana pasada os medios de comunicación da cidade publicaban varias novas sobre a situación na que se atopan a familia de Casiano e Isabel.

O seu caso retrata os problemas de moitas de nós: dificultades para chegar a fin de mes, problemas de vivenda, falta de traballo, etc. Ante isto a resposta das distintas administracións é nula.

Cansos de aguantar esta situación achegáronse á ODS-Coia. Alí en común decidimos que o mínimo que podiamos facer era contar esta situación e usala para reclamar que a falta de dereitos e a indefensión ante o sistema capitalista non son anecdóticas. Por iso a varias mans construímos un texto dirixido ao Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo e Defensor do Cidadán e que tamén achegamos aos medios, no que a maiores de contar a súa realidade esixían que se tomaran medidas.

Seguiremos na loita polos dereitos sociais de todas!

A ODS-Coia e o G.A.S. sacamos unha tirada de cartaces que levan por título "SE VENDE(N)" e co seguint texto:

- Alcalde de Vigo que cobra ao 65.000€/ano máis extras.

- Presidente da Xunta que cobra 72.000€ anuais e declarou ter un patrimonio de medio millón de euros.

(Falamos do que recoñecen claro, do que se levan en negro nunca saberemos nada...)

A OFERTA está dirixida para beneficio: das especuladoras urbanísticas, das empresas turísticas, das grandes multinacionais, de calquera empresa que se beneficie das privatizacións dos servizos públicos, das construtoras (“amigas”dos AVEs, das Humanizacións, dos Auditorios, das Cidades de Xustiza e dos pelotazos en xeral) e especialmente para a Banca sempre e en todo momento!

As compas do Parke Alkosa seguen en loita, achegamos unha convocatoria coa que animamos  a difundir e apoiar esta loita:

As xentes do Colectivo Nacionalista de Marín e da Frente Popular Galega (FPG) convidáronnos a participar nunha charla-coloquio ao redor dos recortes en sanidade e no mundo dos servizos sociais.

Será en Marín, na biblioteca municipal (Avenida de Ourense 6) o xoves 2 de febreiro a partires das 20h00.

Así a presentan na web da FPG: "Perante o brutal ataque da oligarquía española contra as conquistas da clase traballadora desde as nosas respectivas organizacións cremos que é o momento de sumar forzas para a mobilización. A loita segue sendo o único camiño tamén nas terras de Pontevedra, Morrazo, Salnés e Caldas onde os efectos desta mal chamada “crise” están golpeando ás traballadoras e traballadores con especial virulencia"