reguera

Para moitas de nós o exemplo e o saber compartido de persoas como Enrique Martínez Reguera foron alicerces de cousas que foron chegando máis tarde. Animamos a que leades este artigo xa que partindo da realidade da infancia máis maltratada Martínez Reguera ofrecenos moitas claves do funcioanamento do poder e das súas consecuencias:

Enrique Martínez Reguera ha trabajado durante 50 años en temas educativos y los últimos 40 “con muchachos que la sociedad considera difíciles o en dificultades, ahora les llaman chicos de riesgo”.
Tuvimos la oportunidad de tenerlo en los III Encuentros Interprofesionales sobre menores y jóvenes organizados por SOS Racismo. Martínez Reguera se sitúa en una perspectiva histórica para entender la problemática de estos jóvenes en la sociedad y afirma que las soluciones que se les dan son “el núcleo del problema”. “La legislación que hay sobre los menores no está ayudando nada, los centros de tutela, de reforma, los centros terapéuticos tampoco”. Ante esta aproximación hipercrítica, Reguera apunta a algunas alternativas, “soluciones con una dimensión muy personal, muy biográfica y también muy social”.

Esta semana vai estar en Santiago de Compostela Enrique Martínez Reguera educador que leva décadas vivindo e defendendo a rapaces maltratados polas institucións que din protexelos. É unha boa oportunidade de escoitar un discurso crítico e achegarse a unha vida marcada pola militancia na defensa da infancia. Así presentan a charla a xente de Galicia Solidaria:

¿Por que estamos "desbordados" cos nenos e mozos? ¿Por que eles están "desbordados" cos adultos? ¿Temos educadores vocacionados? ¿Ten algo que ver a educación e a política?

¿Que papel ten a crianza? ¿Por que hai "menores infractores"? ¿Sabemos querer aos nosos nenos e mozos? ¿Protexémolos ou nos protexemos deles?

Estas e outras cuestións serán abordadas este XOVES 23 ÁS 20H00 NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE "GUILLERMO ROVIROSA"

Rúa do Home Santo 47, baixo (preto da estación de buses).

---

Fonte: galiciasolidaria.blogspot.com/2012/02/esta-semana.html

O mundo da infancia institucionalizada segue a ser un das grandes tarefas por facer na nosa sociedade; desa loita sabe moito Enrique Martínez Reguera que leva anos ao carón deses cativos maltratados polas institucións.

Co galo dunhas xornadas en Vitoria o xornal Gara publica unha entrevista na que repasa a súa visión deste mundillo. Achegamos tamén unha reportaxe publicada no xornal El País baixo o título "Los niños invisibles" no que se afondan nas anomalías do sistema de protección á infancia.

Fonte: www.gara.net e www.elpais.com