Infancia e maltrato institucional

O mundo da infancia institucionalizada segue a ser un das grandes tarefas por facer na nosa sociedade; desa loita sabe moito Enrique Martínez Reguera que leva anos ao carón deses cativos maltratados polas institucións.

Co galo dunhas xornadas en Vitoria o xornal Gara publica unha entrevista na que repasa a súa visión deste mundillo. Achegamos tamén unha reportaxe publicada no xornal El País baixo o título "Los niños invisibles" no que se afondan nas anomalías do sistema de protección á infancia.

Fonte: www.gara.net e www.elpais.com