Pobreza

Diversos colectivos da cidade organizamos o 16 e 17 de xuño as Xornadas: “Libros para transformar a realidade”. Coas presentacións dos dous libros convidamos a todas aquelas que pulan por desbordar o sistema capitalista a reflexionar en común, a dialogar, a crear formas de vida viables para toda a humanidade, para todo o planeta.

- Presentación do libro: “En la Espiral de la energía”. Coa presenza de Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción). Martes 16 de xuño ás 19:30 no local de Árbore (r/López Mora 30, Vigo).

Un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material.

O vindeiro luns 15 de xuño, Manolo S. Bayona, compa de "Baladre, Coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social" estará en Vigo dando unha charla sobre a Renda Básica das iguais.

Será no café "De catro a catro"  (rúa Gerona, 16, Vigo) o luns ás 20:00.

Dito evento está organizado por Podemos Vigo Este.

Achégase a fin dun mundo... a do mundo capitalista devorador da terra e das persoas. E agora que?

Pois agora é un bo momento para coñecer as propostas do ecoloxismo social. Luís González Reyes (Ecoloxistas en Acción) pasará por Vigo para presentar "En la espiral de la energía", un libro sobre a historia do planeta e da humanidade, dende a perspectiva do consumo enerxético e material. Unha obra comezada a dúas mans por el mesmo xunto a Ramón Fernández Durán, que trata nos seus dous volumes sobre as formas de habitar o territorio, economías, sistemas políticos, tipos de traballo, demografía, loitas sociais, formas de relacionarse co entorno, etc.

En plena campaña electoral, o goberno municipal convoca o “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación 2

En plena campaña electoral o goberno municipal abre o prazo para solicitar as “Axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, suministros e alimentación 2015”. Dende o 13 de maio até o 9 de xuño, está aberto o prazo para entregar esta axuda coñecida como o “Cheque Social”.

As solicitudes pódense entregar, ademais de no rexistro do concello, na UTS de Coia e de Rivera Atienza. En horario de 9:00 a 13:30 pode facerse a entrega das solicitudes, lugares onde tamén ofrecen información sobre os requisitos desta convocatoria.

O pasado martes 28 de abril varias ducias de persoas, convocadas pola ODS-Coia, G.A.S. e a parroquia do Cristo da Vitoria, concentrámonos diante da delegación da Xunta de Galicia en Vigo para denunciar que non aceptamos “Ningún negocio coas nosas necesidades”. A través dun acto de entrega colectiva do ticket eléctrico deixamos de manifesto que esta medida nin remata coa pobreza enerxética, a cal sufrimos cada días máis fogares, nin serve para garantir o dereito ao subministro eléctrico, independentemente de ter ou non ingresos.

Seguen os problemas da RISGA. Polo momento o decreto que ten que desenvolver a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia segue na neveira, mais ben no conxelador. Na consellería falaban de mediados de 2015 como posible data de publicación do mesmo. Polo momento non hai novas, e os tempos fixados na lei están amplamente superados.

Non é que pensemos que o decreto vaia a mellorar a situación actual. Sabemos que consolidará a restritividade na aplicación que sufrimos, porén a aprobación do mesmo pode ser unha oportunidade -se somos quen de xuntar forzas e loitas- para rematar coa indefensión que provoca non ter un marco legal claro e definido.

A ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un Acto de entrega colectiva do Tícket Eléctrico da Xunta baixo o lema: “Ningún negocio coas nosas necesidades”. Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 no delegación da Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, até o 30 de abril, para solicitar o tícket eléctrico. Ao igual que na anterior convocatoria, consiste nunha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen 798 €/mes ou 9.585 €/ano referidos a 2013.

Achegamos un texto de Albert Sales que leva por título: ¿Comida para "ayudar a los pobres"?:

Durante 2014, 320.000 personas recibieron ayuda alimentaria en Cataluña. Una cifra muy alejada de la anécdota, pues constituye casi un 5% de la población total y una cuarta parte de la población estadísticamente considerada en riesgo de pobreza (viviendo en hogares con unos ingresos por debajo del 60% de la mediana). En el recorte y la reordenación de los recursos públicos destinados a atender a las personas en situación de pobreza, las más perjudicadas han sido las capas de población con ingresos más escasos. Así lo evidencia la evolución de la brecha de pobreza (la distancia en porcentaje entre el umbral de riesgo de pobreza y la media de los ingresos de los hogares por debajo de dicho umbral). En Cataluña, la brecha de pobreza ha pasado de un 22,3% en 2007 a un 38,2% en 2012.

Xuño de 2014 era o prazo máximo que a Xunta se fixou como tope para ter publicado o Decreto que desenvolvera a nova Lei de inclusión social de Galicia que trouxo mudanzas na RISGA. Imos camiño dun ano de espera e semella que a Xunta aínda vai tardar en dar resposta a unha desfeita que golpea con dureza ás persoas máis empobrecidas. Mentres seguimos a sufrir a RISGA, que lonxe de ser unha solución para o empobrecemento crecente que padecemos, afóndanos máis na miseria.

Hai unhas semanas solicitamos por escrito datos do número de cortes de auga realizados no Concello de Vigo nos últimos anos. A resposta, tanto de Aqualia como do Concello, é o silencio. En detalle, a petición foi ter acceso público aos seguintes datos:

- Número de cortes de subministro de auga en 2014 e 2013.

- Número de avisos de corte de subministro de auga en 2014 e 2013.

Dita petición fíxose por escrito nas dependencias que Aqualia, empresa concesionaria que pertence ao grupo FCC (segundo sinalan na súa web, a terceira compañía en xestión da auga no mundo).

A Xunta abriu o pasado 5 de marzo o prazo para solicitar a nova convocatoria do ticket eléctrico. Como na anterior convocatoria este consiste nunha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen o 1,5 do IPREM (798 €/mes ou 9.585 €/ano).

A contía da axuda é de 90 € ao semestre para familias con nenxs, 150 € no caso daquelas que posúan o título de familia numerosa. A subvención cubre as facturas de electricidade do segundo semestre do 2014 ou do primeiro semestre do 2015.