A ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un Acto de entrega colectiva do Tícket Eléctrico da Xunta baixo o lema: “Ningún negocio coas nosas necesidades”. Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 no delegación da Xunta de Galicia en Vigo (no edificio da Praza da Estrela na Consellería de Industria).
A Xunta de Galicia ten aberto o prazo, até o 30 de abril, para solicitar o tícket eléctrico. Ao igual que na anterior convocatoria, consiste nunha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen 798 €/mes ou 9.585 €/ano referidos a 2013.