O goberno municipal convoca o "Cheque Social" en plena campaña electoral

En plena campaña electoral o goberno municipal abre o prazo para solicitar as “Axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, suministros e alimentación 2015”. Dende o 13 de maio até o 9 de xuño, está aberto o prazo para entregar esta axuda coñecida como o “Cheque Social”.

As solicitudes pódense entregar, ademais de no rexistro do concello, na UTS de Coia e de Rivera Atienza. En horario de 9:00 a 13:30 pode facerse a entrega das solicitudes, lugares onde tamén ofrecen información sobre os requisitos desta convocatoria.

Lonxe de aproveitar esta terceira convocatoria para apostar por uns dereitos sociais fortes, o goberno de Abel Caballero segue a facer propaganda cos nosas necesidades básicas a través de medidas que institucionalizan a caridade como resposta á desigualdade e inxustiza crecente.

Achegamos as bases e a solicitude publicadas na web do concello: https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=607&lang=ga