Pobreza

Onte presentouse no punto de información da ODS, unha muller cunha carta de Aqualia. Xa que a semana que vén lle cortarán a auga. Debe catro recibos, en total 140€.

Cobra 399€ de RISGA. Cartos cos que logo de pagar a vivenda -207 € de hipoteca- ten que pasar o mes.

Tal e como adiantabamos esta semana o sábado 2 de abril celebraremos as xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais.

As xentes de Baladre da Galiza temos case pechada unha data que para nós é moi importante. O sábado 2 de abril en Compostela convidamos a persoas e colectivos da terra a asistir á xornada que leva por título: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”.

Nos últimos anos, moitas persoas padecemos sancións (ou estamos na lista de espera) cando, en defensa dos nosos dereitos básicos (sanidade, educación, vivenda, liberdade de expresión, de concentración, de folga, de manifestación e pola dignidade humana) e forzadas por unhas circunstancias das que

No mes de outubro pechaba o vello ambulatorio de Coia. Moitas pensabamos que nun barrio con tantos déficits en canto a dotacións socioculturais este vello edificio era ideal para darlle novos usos.

Dámoslle pulo á convocatoria pola reutilización do ambulatorio de Coia. Nesta ocasión rolda de prensa ás portas do edificio, mañá mércores ás 11:00.

Nesta fin de semana marchamos até Asturies para compartir o noso traballo coas compas de Alambique. Colamos convocatoria:

O xoves varios colectivos da cidade xuntámonos nas escadas do MARCO para amosar a nosa solidariedade con Alfonso e Raúl. Eles foron detidos i encausados por representar unha obra satírica de monicreques nas festas de Entroido de Madrid. Para os poderes son terroristas, criminais.

Dámoslle pulo a esta convocatoria que nos fai chegar unha compa. Colamos o contido do email:

Dámoslle difusión a concentración en SOLIDARIEDADE cos TITERITEIROS. Será este venres 12 febreiro ás 20:00 diante do MARCO (Vigo).

Vai o texto de convocatoria deste acto que apoiamos:

Dámoslle pulo ao texto de apoio de Baladre ás compañeiras que están na cadea por andar con monicreques.

Libertad titiriteros. Alfonso y Raúl

Esta maña preto dunha centena de persoas convocadas por varios colectivos da cidade concentrámonos ás portas da Xunta de Galicia en Vigo para esixir o fin da pobreza enerxética e subministros básicos garantidos para todas. O acto foi ben sinxelo pero directo nas nosas esixencias.