No mes de outubro pechaba o vello ambulatorio de Coia. Moitas pensabamos que nun barrio con tantos déficits en canto a dotacións socioculturais este vello edificio era ideal para darlle novos usos.
Case un mes despois das xornadas: “Ambulatorio de Coia. Un espazo, novos usos" volvemos a chamar a todas as veciñas e colectivos da cidade a unha xuntanza sobre o ambulatorio abandonado da rúa Porriño.