No mes de outubro pechaba o vello ambulatorio de Coia. Moitas pensabamos que nun barrio con tantos déficits en canto a dotacións socioculturais este vello edificio era ideal para darlle novos usos.
Os primeiros pasos que demos foi preguntar por escrito a: Goberno, Xunta e Concello polo uso que tiñan pensado darlle ao inmoble. Os meses pasaron e ningunha das tres administracións deu resposta. Polos prensa, sabemos que o edificio é da Tesorería da Seguridade Social. De posibles usos non din nada. Incluso o BNG preguntou isto mesmo no congreso, pero con igual resultado que nós.
Ante ao silencio e o medo a que o edificio fique igual de abandonado que as nosas necesidades organizamos unhas xornadas e varias xuntanza co obxecto de explicar a situación ao barrio/cidade e pensar en comúns sobre os posibles usos do edificio.
Froito deses encontros decidimos preguntar nos barrios de Coia e Navia a opinión que tiñan as veciñas sobre estes temas. Deste modo fixemos 200 enquisas.
Os resultados das mesmas os presentamos hoxe:
- As dotación socioculturais canto melloran a calidade de vida?
O 54% din que “bastante” e o 41% que a aumentan “moito”.
- O barrio está ben dotado en canto a infraestruturas socioculturais?
O 49% din que está “pouco” dotado e o 32% “nada” dotado.
- Necesidades que poderían ser cubertas polo antigo ambulatorio:
Nesta orde foron as respostas: Biblioteca, centro para persoas maiores, espazo para crianzas e mocidade, espazo para charlas/concertos/ensaios, etc.
Á vista dos mesmos concluímos que nos barrios de Coia e Navia, os máis cercanos ao inmoble, detéctanse moitas necesidades que levan anos sen seren cubertas polas administracións.
A participación, xunto a un tecido comunitario forte son elementos centrais para mellorar as condicións de vida da xente. Máis alá do consumo ou da “espectacularización” pensamos que a cultura pode ser un elemento que actúe a prol da cohesión social.