“A causa principal de que nenos e adultos non accedan a unha alimentación axeitada é, definitivamente, o proceso de empobrecemento económico que sofren [...] A malnutrición, na nosa sociedade, é a manifestación biolóxica dunha acumulación de problemas sociais”.
Aliments per “ajudar als pobres”?, Albert Sales
Se o capitalismo produce e precisa da pobreza e da exclusión social, temos que afondar en espazos de autonomía que nos leven cara a un horizonte de sociedade diferente. Para moitas a Renda Básica das iguais sería unha ferramenta, un instrumento máis que nos axudaría a superar a falta de alternativas que o sistema capitalista impón para a maioría.