Noutras ocasións temos denunciado os retrasos á hora de tramitar e resolver as axudas sociais da Xunta de Galicia: RISGA e AES. A cousa parece que non cambia, senón que vai a peor, segundo infórmannos traballadoras da unidade de RISGA de Vigo.

As AES (Axudas de Emerxencia Social que veñen a cubrir problemas de vivenda, de saúde básica...) neste momento están paralizas por falla de cartos, polo que moitas persoas e familias teñen que engadir aos tempos de espera na tramitación e resolución -en Vigo máis de seis meses de media- este novo retraso ao non ter a Xunta cartos para estas axudas.

A Rede Social Galicias Sur CONVOCATE ao acto para reclamar a apertura do Centro de Inclusión Social Público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

Isto xa foi aprobado en pleno Municipal do Concello de Vigo, e seguimos á espera tras SEIS ANOS !!!!

QUE? acto para reclamar a necesidade de apertura dun centro de inclusión social público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

ONDE? concentración diante do MARCO (rúa do Príncipe) para posteriormente marchar ata a praza da Constitución pola mesma rúa do Príncipe e cruzando a Porta do Sol.

CANDO? este xoves, 15 de abril de 2010 ás 19:30

clasificacion: 

Na web stopdeportation.net atopamos unha chamada para movilizarse en contra das deportacións de inmigrantes por parte da U€, que será na semana do 1-6 xuño de 2010. Cada día miles de seres humanos son expulsados dos países da U€ polo mero feito de trasladarse para tratar de mellorar as súas condicións de vida. Deixamosvos o texto do chamamento á acción global en contra destes atropelos.

clasificacion: 

Verdegaia, GAS e a ODS-Coia organizan unha tertulia

clasificacion: 

No mundo dos servizos sociais deste tempo mo

Esta semana Amnistía Internacional (AI) publicaba un informe (Si vuelvo, ¡me mato! Menores en centros de protección terapéuticos) no que se denunciaba a situación que padecen moitos rapaces e rapazas internados en centros públicos malchamados de protección. Este informe ven a engadirse ás críticas que dende hai anos veñen facendo colectivos como a Coordinadora de Barrios de Madrid sobre a situación destes centros e da atención prestada á infancia empobrecida.

A prensa comeza a facerse eco dos retrasos e da mala organización dos servizos sociais públicos que están a quedar de manifesto ante o aumento de persoas que acoden a estes servizos para buscar solucións aos problemas provocados polo sistema agudizados aínda máis pola crise económica.

Os orzamentos non chegan, deixando claro que a atención e o recoñecemento dos dereitos dos máis empobrecidos non están nas primeiras páxinas das axendas políticas (artigo Público).

A Rede Social Galicia Sur convoca