Achegamos o vídeo dunha entrevista que fixeron a Aníbal, representante da Federación de Organizacións de Base (FOB) de Arxentina que pertence ao Movemento de Traballadores Desocupados "Óscar Barrios" co que puidemos charlar a pasada semana na Cova dos Ratos.

Durante a primeira semana de xuño diversos movementos sociais farán un chamamento á movilización contra as deportacións masivas de inmigrantes patrocinadas desde a UE.

Cada día, centos de persoas, refuxiadas e inmigrantes, son deportadas por facer o que os seres humanos levan facendo durante milleiros de anos: trasladarse na procura dunha vida mellor. Fuxindo da pobreza, abusos, discriminación, persecucións, guerras e calquera outra razón que menoscabe a súa integridade.

A semana que ven vos animamos a participar na charla que leva

clasificacion: 

A xente de ReCivitas en Brasil está a levar a cabo unha pe

Este martes, 4 de maio, ás 19h00 o grupo Imán e a nosa comunidad

clasificacion: 

A Oficina Dereitos Sociais – Coia (ODS-Coia) e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) lanzamos a campaña "Quen non vive aí?".

O título da campaña alude a un deses programas de televisión nos que se amosa groseiramente a riqueza e o luxo duns poucos, mentres a maioría estamos na obriga de vivir coa miseria que deixan os grandes capitais.

A campaña fai fincapé en seis colectivos que están a sufrir moreas de problemas para rematar o mes, mentres que dirixentes de grandes empresas ou bancos e políticos enchen as mans cos nosos cartos.

A loita pola apertura do Centro de Emerxencia Social segue aberta e neste caso o Grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións "O Imán" da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo convoca a partir das 21h00 do 26 de abril, unha acampada na Praza do Rei, que se prolongará en principio durante dez noites consecutivas, para esixir a INMEDIATA APERTURA DO CENTRO DE EMERXENCIA SOCIAL en Vigo.