Non somos criminais, dereitos sociais! Isto berrabamos hoxe diante da casa do concello de Nigrán, onde se atopan as dependencias dos servizos sociais desta localidade.
Partillamos o relato dunha muller, perceptora da RISGA, que mudou a súa residencia a Nigrán. Dende a primeira cita comezaron os problemas coa traballadora social.