capitalismo

Convocadas pola parroquia do Cristo da Victoria de Coia, a ODS-Coia (Oficina de Dereitos Sociais -Coia) e as xentes do G.A.S. (Grupo de Axitación Social) máis dun cento de persoas concentrámonos diante do Concello de Vigo para pedir respostas polas “vítimas do sistema, as vítimas das administracións, as vítimas da inxustiza”.

Na entrada da casa de todas as viguesas apareceu un cemiterio cheo das vítimas que sofren ante a falta de recursos, ante o medo aos cortes de luz ou auga por non poderes asumir o pagamento dos recibos, ante os atrasos das axudas sociais, ante os desafiuzamentos...

Deste xeito, a praza do Rei encheuse de siluetas que nos lembraban estas mortes. Pero tamén lembraban que os poderes, hoxe apuntabamos ao concello, esquécense destas vítimas negándolle a unha maioría crecente os dereitos sociais necesarios para vivir con dignidade.

Baladre chega ao colexio de traballo social de Galiza en forma de conferencia co título: "Hai Alternativas ao Capitalismo?

As compañeiras de Alambique acaban de publicar un documento elaborado despois de diferentes sesións de debate da campaña "Contra sus recortes nuestras alternativas".

O documento o entenden como punto de partida dende o cal seguir as mobilizacións que nestes días centran na campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar.

Tedes toda a información no seu blog: asociacionalambique.blogspot.com

O pasado luns 7 de maio a xerencia de urbanismo do concello de Vigo facía publico o listado provisional de admitidos e excluídos da convocatoria de adxudicación de 28 vivendas en réxime de aluguer de propiedade municipal en Navia.

Esta lista era moi esperada, xa que o prazo de presentación de solicitudes para estas vivendas rematara o 16 de xuño de 2011. En total se sorteaban 28 vivendas en réxime de aluguer con prezos entre os 116 e os 166 €/mes para unidades familiares con ingresos anuais inferiores ao 2,5 do IPREM (igual a 18.527,13 € para unha persoa e co tope de 26.467,34 € no caso das unidades familiares máis numerosas).

O vindeiro xoves 19 de abril as xentes do grupo Morrazo 2020 convidáronnos a participar nunha charla-coloquio que leva por título: "Os dereitos s

As compas de Alambique en Asturias andan na procura de enredos para loitar contra os recortes do sistema, por isto lanzan este texto:

Desde la Asociación contra la exclusión ALAMBIQUE estamos preparando la Campaña de trabajo para este año 2012 y hemos iniciado una serie de encuentros con personas y colectivos para ver cómo se está percibiendo la realidad, cuáles son las causas y poder plantear herramientas que ayuden a cambiar esa realidad.

Cada día los medios de comunicación recogen en sus noticias la hoja de ruta de los recortes sociales que la “clase” política nos va recetando.

Achegamos unha convocatoria que chama a desobedecer no terreo económico: La desobediencia

Estamos nun momento no que sectores de poboación que sobrevivían grazas aos traballos na construción ou no sector da automoción, por poñer dous exemplos paradigmáticos, decátanse de que a vida tal e como a tiñan montada de súpeto se derruba.