Baladre chega ao colexio de traballo social de Galiza en forma de conferencia co título: "Hai Alternativas ao Capitalismo? A Renda Básica das Iguais".
Manolo e José Iglesias achegarán neste foro profesional a historia da loita pola Renda Básica das Iguais e moito máis! O programa é o seguinte:
- A RBis (Renda Básica das iguais) e as xentes de Baladre. Diferenza da RBis con outras propostas como RMI/RISGA.
- A RBis: viabilidade e ferramenta de cambio
- Experiencia da ILP coa RBis en Extremadura
Será o xoves 21 de xuño en Santiago de Compostela dende as 18h00.
Terá unha duración aproximada de dúas horas e será no Centro Sociocultural de Fontiñas.