Pobreza

Esta fin de semana celébrase en Cuenca o encontro de Baladre, ao que non poderemos achegarnos e do que de todos xeitos estar

Ao barrio de Buenos Aires achegarémonos convidados polas compañeiras que organizan unhas xornada

Durante a primeira semana de xuño diversos movementos sociais farán un chamamento á movilización contra as deportacións masivas de inmigrantes patrocinadas desde a UE.

Cada día, centos de persoas, refuxiadas e inmigrantes, son deportadas por facer o que os seres humanos levan facendo durante milleiros de anos: trasladarse na procura dunha vida mellor. Fuxindo da pobreza, abusos, discriminación, persecucións, guerras e calquera outra razón que menoscabe a súa integridade.

A semana que ven vos animamos a participar na charla que leva por título: A experiencia da

Este martes, 4 de maio, ás 19h00 o grupo Imán e a nosa comunidade do "Cristo da Victoria" convocan unha concentración na Praza do Rei como acto de peche da acampada

A Oficina Dereitos Sociais – Coia (ODS-Coia) e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) lanzamos a campaña "Quen non vive aí?".

O título da campaña alude a un deses programas de televisión nos que se amosa groseiramente a riqueza e o luxo duns poucos, mentres a maioría estamos na obriga de vivir coa miseria que deixan os grandes capitais.

A campaña fai fincapé en seis colectivos que están a sufrir moreas de problemas para rematar o mes, mentres que dirixentes de grandes empresas ou bancos e políticos enchen as mans cos nosos cartos.

A loita pola apertura do Centro de Emerxencia Social segue aberta e neste caso o Grupo de autoapoio VIH/Sida e Adiccións "O Imán" da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo convoca a partir das 21h00 do 26 de abril, unha acampada na Praza do Rei, que se prolongará en principio durante dez noites consecutivas, para esixir a INMEDIATA APERTURA DO CENTRO DE EMERXENCIA SOCIAL en Vigo.

A Rede Social Galicias Sur CONVOCATE ao acto para reclamar a apertura do Centro de Inclusión Social Público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

Isto xa foi aprobado en pleno Municipal do Concello de Vigo, e seguimos á espera tras SEIS ANOS !!!!

QUE? acto para reclamar a necesidade de apertura dun centro de inclusión social público na cidade de Vigo para as Persoas sen Fogar.

ONDE? concentración diante do MARCO (rúa do Príncipe) para posteriormente marchar ata a praza da Constitución pola mesma rúa do Príncipe e cruzando a Porta do Sol.

CANDO? este xoves, 15 de abril de 2010 ás 19:30

No mundo dos servizos sociais deste tempo moitas organizacións e profesionais relaciónanse coa persoa aillándoa do seu entorno crendo que deste

Esta semana Amnistía Internacional (AI) publicaba un informe (Si vuelvo, ¡me mato! Menores en centros de protección terapéuticos) no que se denunciaba a situación que padecen moitos rapaces e rapazas internados en centros públicos malchamados de protección. Este informe ven a engadirse ás críticas que dende hai anos veñen facendo colectivos como a Coordinadora de Barrios de Madrid sobre a situación destes centros e da atención prestada á infancia empobrecida.

A prensa comeza a facerse eco dos retrasos e da mala organización dos servizos sociais públicos que están a quedar de manifesto ante o aumento de persoas que acoden a estes servizos para buscar solucións aos problemas provocados polo sistema agudizados aínda máis pola crise económica.

Os orzamentos non chegan, deixando claro que a atención e o recoñecemento dos dereitos dos máis empobrecidos non están nas primeiras páxinas das axendas políticas (artigo Público).