baladre

Como diría o noso querido José Iglesias: “Ademais de interpretar o mundo queremos mudalo”

As xentes de Baladre aproveitamos os verán para tirarnos ás rúas, estradas.... Este verán Euskadi, en concreto o barrio de Errekaleor na cidade de Gasteiz será o espazo que acolla a caravana-marcha 2017. Achegamos a info e o programa:

Cadernos para saber máis e debater mellor. Este é o lema do suplemento deBullando recollido en Irimia, a revista quincenal de crentes galegos. O caderno nº4 que saíu do prelo neste mes de maio está dedicado á Renda Básica das iguais.

Dende o venres 12 até o domingo 14 de maio Galiza acollerá o encontro da coordinación Baladre, será en Vilán (Fornelos de Montes).

A mediados de maio, 12-13-14 de maio, as xentes de Baladre estarán na Galiza para acudir ao encontro que nesas datas celebraremos en Vilán (Fornelos de Montes). Achegamos o programa e algunhas indicacións:

_LUGAR

A finais de mes a xente de Baladre volvémonos a vernos no encontro que faremos no barrio de Buenos Aires (Salamanca).

Achegamos o texto da participación de Ruth López, compañeira de Baladre, na II edición da Escola Ramón Fernández Durán.

Crise social: repaso breve dos paradigmas sociais e do aumento das desigualdades. Posibles futuros

Partillamos un texto da compañeira Mari Fidalgo no que fai unha valoración das xornadas "Da RISGa á Renda Básica das iguais" celebradas o pasado 2 de abril en Compostela.

Quen parasita a quen?

A xente de Baladre lanzámonos a organizar as xornadas "Da RISGA á Renda Básica das iguais". En decembro de 2012 publicabamos o estudo de viabilidade da Renda Básica das iguais en Galiza, máis tarde, en maio de 2015 a edición galega do libro "Renda Básica das iguais e  feminismos".

Tal e como adiantabamos esta semana o sábado 2 de abril celebraremos as xornadas: “Da RISGA á Renda Básica das iguais.

As xentes de Baladre da Galiza temos case pechada unha data que para nós é moi importante. O sábado 2 de abril en Compostela convidamos a persoas e colectivos da terra a asistir á xornada que leva por título: “Da RISGA á Renda Básica das iguais”.

Achegamos a entrevista que Galiza Ano Cero fixo ao compa de Baladre, Manolo Sáez Bayona.

Así o presentan: Manolo Sáez Bayona (1954), nado en A Coruña pero desde hai anos en movemento polas estradas do Estado, ás veces cruzando tamén o Atlántico para percorrer terras americanas.Traballador social de título, pero sobre todo persoa inquieta que desde hai máis de trinta anos participa en Baladre, na coordinación de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Formador, locutor de radio, escritor... pero sobre todo “coidador” de persoas e procesos que desde abaixo pulan por posibilitar a vida en medio do capitalismo. Unha das ferramentas que as baladrinas como Manolo levan no saco para tentar parir outros mundos é a Renda Básica das iguais.