marcha

As xentes de Baladre aproveitamos os verán para tirarnos ás rúas, estradas.... Este verán Euskadi, en concreto o barrio de Errekaleor na cidade de Gasteiz será o espazo que acolla a caravana-marcha 2017. Achegamos a info e o programa:

O pasado mércores comezaban en Porto as marchas polos 30 anso de Baladre, que levan como lema: Para todas, todo! Renda Básica das iguais e moito máis!

Nestes momentos as xentes que se tiraron ás estradas e rúas levan xa as seguintes etapas: Porto, Mérida e Plasencia, Salamanca e Monleras (Salamanca) e hoxe estiveron en Valladolid para rematar o día en Palencia.

As cousas contan que van moi ben e xa vai quedando menos para chegar e logo das marchas comezar o Tinto de Verán 2013.

Nunha semana comeza a marcha polos 30 anos de Baladre que sairá de Porto o mércores 17 de xullo, baixo o lema "Para todas, todo! RBis e moito máis" as xentes de Baladre percorreremos diferentes puntos do territoria peninsular.

Xunto coas compañeiras do estado portugués e español, o mércores 17 de xullo tentaremos descifrar toda a trama construída pola unión europea, os seus tratos criminais, as súas reformas laborais e recortes contra os dereitos sociais, os seus plans para as nosas vidas... Tamén analizaremos o pasado, presente e futuro das nosas coordinacións e loitas tanto dentro do noso territorio coma fora deles.

A coordinación Baladre de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social celebra 30 anos cunha Marcha.

“Para todas, todo!” será o lema que acompañara esta marcha caravana por parte da xeografía da península. A coordinación Baladre, leva máis de 30 anos abordando temas de exclusión social, empobrecemento e precariedade. Para celebrar esta continuidade en loitas e resistencias, o fai coma mellor sabe, visibilizando toda a dor provocada polo capitalismo e o heteropatriarcado. Porque temos aprendido que soas a ningures, xuntas a algures, convidámoslles a nós acompañar.