Nunha semana comeza a marcha polos 30 anos de Baladre que sairá de Porto o mércores 17 de xullo, baixo o lema "Para todas, todo! RBis e moito máis" as xentes de Baladre percorreremos diferentes puntos do territoria peninsular.
Xunto coas compañeiras do estado portugués e español, o mércores 17 de xullo tentaremos descifrar toda a trama construída pola unión europea, os seus tratos criminais, as súas reformas laborais e recortes contra os dereitos sociais, os seus plans para as nosas vidas... Tamén analizaremos o pasado, presente e futuro das nosas coordinacións e loitas tanto dentro do noso territorio coma fora deles.