Inicio

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) remata a súa actividade. A tarefa que iniciamos o setembro de 2007 acaba pasados 16 anos. Uns últimos cursos con menor actividade e forzas, fixeron que pensaramos que o mellor era botar o peche.

Compartimos o acontecido na 6ª edición da escola de acción social crítica e transformadora celebrada o 7-8-9 de xullo en Coia.

En tres crónicas resumimos as xornadas da escoliña celebrada nos locais parroquiais do "Cristo da Vitoria":

Publicamos unha pequena explicación da situación dramática na que se atopan as compañeiras do Parke Alkosa e aproveitamos para manifestar todo o noso apoio desde Coia:

¿Qué es Parke Alkosa?

Es un barrio castigado por el paro del pueblo de Alfafar- Valencia. En él, personas desempleadas crearon la Kooperativa social del Parke, lograron arrancarle al ayuntamiento la gestión de la limpieza pública del barrio y llevarla a cabo de forma autogestionaria. Desde hace más de 27 años barren y limpian las calles de su barrio y han generado 20 puestos de empleo para dicho servicio por los que han pasado más de 500 vecinas del propio barrio en situación de exclusión y precariedad. La Kooperativa, además, es el centro de otras iniciativas de economía social, más de 14, que generan otros 140 puestos de empleo permanentes y todo un tejido asociativo que da el poder de decidir a las vecinas, a través de asambleas populares.

Mentres agardades pola tradución ao galego do texto da Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica no Estado Español vos deixamos os enlaces ao blogue e aos perfís sociais do Movemento contra o paro e a precariedade, Por unha Renda Básica XA!:

- Blogue: ilprentabasica.blogspot.com.es

- Facebook: www.facebook.com/mcparoprecariedad.rentabasicaya?fref=ts

- Twitter: @ilpRentaBasica

O luns 21 de outubro ás 20:00h teremos en Vigo no CSA "A Cova dos Ratos" a Eduardo Romero un dos autores do libro colectivo "Qué hacemos con las fronteras?", para falar sobre que facemos para conectar a crítica á mobilidade no capitalismo, coa loita contra as políticas migratorias e as fronteiras.

A xente do G.A.S., Raias Traveseiras e nós, coa colaboración do Foro Galego da Inmigración orqanizamos esta presentación.

Máis información sobre o libro neste enlace: www.quehacemos.org/que-hacemos-con-las-fronteras

"Vivir dignamente é un dereito” é o berro compartido que, desde a última imaxe do seguinte vídeo, nos fala do contido da campaña que desenvolvimos a ODS-Coi

As compas de Alambique están de aniversario no mes de outubro e celebran(mos) dez anos de loitas pola xustiza social. Para dita celebración teñen programada unha semana de actividades moi xeitosas que comezan o 14 de outubro e que rematarán o día 20 do mesmo mes.

Desde Coia agradecerlles o seu traballo, para nós un exemplo de rigurosidade, coherencia e lucidez acompañado sempre da tenrura e cariño necesarios para vivir nestes tempos de miseria e dor. Parabéns!

Con estas letras e con este cartaz presentan as actividades do aniversario:

En el mes de Octubre celebramos nuestros diez años como colectivo y queremos hacerlo compartiendolo con todas las personas y grupos que se sienten cercanos a la lucha contra la exclusión social y sus causas reales.

A revista Tempos Novos pediunos colaboración. Este artigo: "A Renda Básica das iguais como ferramenta de transformación social" escrito a varias mans foi o que fomos quen de facer:

Vivimos nunha situación de emerxencia social. As cifras do desastre soan coma unha ladaíña. Mais non podemos esquecer que, tras a obxectividade dos datos, estes representan persoas que: acumulan facturas sen pagar, hipotecas ou alugueiros que non poden asumir; observan con impotencia como non son quen de alimentar os seus fillos axeitadamente; descobren novas formas de miseria ‒impensábeis nestes tempos no primeiro mundo‒, como é a chamada pobreza enerxética (sen luz, sen auga) e descobren tamén novas formas de exclusión nunha sociedade que fala de democratizarse vía internet e móbiles de quinta xeración. Estas persoas teñen que acostumarse agora a malvivir da caridade duns servizos sociais en recorte (por razóns de estado, polos mercados, por orde da troika... Ninguén quere asumir as culpas).

O xoves 26 de setembro a ODS-Coia vai participar nunha mesa redonda que leva por título: "Renda Básica, un novo concepto de cidadanía".

Na mesa participarán: Pepa Vázquez (Colectivo Encontro e Marea Laranxa) e Diego (ODS-Coia).

O acto está organizado polo Espazo Ecosocialista Galego, será o martes 26 de setembro a partires das 20h30 no café De Catro a Catro (rúa Girona 16, Vigo)

“Inadmitidas”. Ante a resposta da Xunta á esixencia dunha renda básica para garantir uns mínimos cos que vivir dignamente volvemos a seguir o camiño da denuncia pública. O fixemos cunha concentración e cun acto de entrega colectiva no edificio da Xunta de Galicia en Vigo.

Medio centenar de persoas con carteis rotulados coa palabra “inadmitidas” acudiron á chamada da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria para amosar claramente que non aceptamos a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica. A súa falla total de sensibilidade queda de manifesto xa que nin sequera contemplan a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Hoxe ademais o amosaron coa actuación da policía e da seguridade privada; xa que esta mañá volveron a poñer moitos atrancos para facer a entrega colectiva limitando o acceso ao rexistro.

Achegamos o texto que imos ler este venres 20 de setembro a partires das 11h30 no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo. No acto faremos unha entrega colectiva dos recursos que replican a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica:

O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos que presentamos o 27 de xuño exercendo o dereito de petición para esixir unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais.

A Xunta de Galicia nin sequera admitiu a trámite a nosa petición para, nun segundo momento, argumentar as razóns de fondo polas que a aceptaba ou a denegaba. Sinxelamente inadmitiu aducindo dúas razóns: a suposta existencia dun procedemento administrativo legalmente fixado para formular a pretensión obxecto de petición e a existencia dun procedemento parlamentario administrativo xa iniciado en trámite sobre o obxecto da solicitude.

Desde a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria queremos vos convidar a unha concentración e ao posterior acto de entrega colectiva dos recursos cos que respondemos á inadmisión da petición dunha renda básica para garantizar o dereito a vivir dignamente. O acto será o venres 20 de setembro a partires das 11h30 no edificio administrativo que a Xunta de Galicia ten en Vigo na rúa Concepcion Areal 8.

O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos presentados, exercendo o dereito de petición, esixindo unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais de todas as persoas.

A resposta da Xunta de Galicia pode resumirse nunha palabra: "INADMITIDAS".

Estes meses de actividade na rúa deron lugar a moitas ledicias e tamén a encontróns.

O 22 de agosto chegaron as respostas da Xunta de Galiza, por letra da Consellería de Traballo e Benestar, aos escritos presentados o 27 de xuño cos que pediamos unha renda básica a través do exercicio do dereito de petición.

A resposta, que achegamos aquí: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/inadmision_xunta.pdf, pode resumirse nunha palabra INADMITIDA.

Ante esta non resposta non imos quedar nin caladas, nin paradas polo que adiantamos que o venres 20 de setembro ás 11h30 estaremos no edificio administrativo da Xunta de Galiza para facer unha entrega colectiva do recurso que deixamos neste enlace: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/reposicion_xunta_final.odt

Esgotaremos os camiños legais que sexan necesarios, e por iso animamos ás persoas que asinaron a folla de denuncia social que presenten o venres 20 o recurso.