clasificacion: 

A Asociación Kanguras, Criando en brazos, presenta o vindeiro venres 11 de abril, ás 18h00, no local da Cámara Agraria de Riobao (Sada) unha charla informativa sobre a Renda Básica das Iguais a cargo da compañeira de Baladre María Fidalgo.

Exclusión social, pobreza, desigualdade de oportunidades, marxinalidade, dor, sufrimento, fame.

Renda Básica das Iguais. Recuperando a dignidade.

“Hai que conseguir unha situación na que o ciudadán alcance e dispoña dunha nova dimensión da responsabilidade individual, entendida dende a liberdade e non dende a cruda necesidade (...)”

Esta mañá varias ducias de persoas concentráronse ante o

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos o vindeiro mércores 26 de marzo unha concentración diante da Xunta de Galicia baixo o lema: Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!

Comezaremos a partires das 11:00 diante das portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (r/Concepción Areal 8). No acto faremos unha representación, da que so podemos adiantar que terá que ver con esta nova: "A Xunta subvenciona carriños de golf aos clubes".

Mentres a Xunta malgasta os cartos de todas, a maioría das galegas malviven no medio da riqueza duns poucos, e cunhas políticas sociais que son pura esmola ou caridade.

clasificacion: 
Etiquetas: 

Varias compas acoden este 22M a Madrid para participar nas Marchas da Dignidade. Alí aproveitarán para berrar en contra das políticas da Unión €uropea, da troika e do Goberno e tamén para reclamar "pan, teito e traballo para todas".

As recoñeceredes xa que de seguro farán moita festa e porque levarán unha pancarta á que lle estamos a dar moito uso:

Vivir dignamente é un dereito!

Onte o alcalde, a concelleira de Benestar Social e a tenente de alcalde presentaron nunha rolda de prensa “unha tarxeta solidaria que substitúe aos cheques sociais de alimentos”. Hoxe o Faro de Vigo recolle a nova así: "Los vigueses sin recursos estrenan la 'tarjeta solidaria".

Na web do concello de Vigo podemos ler o seguinte: "Os cheques municipais para axudas de emerxencia de alimentos serán substituídos por tarxetas de crédito coas que os usuarios poderán comprar comida e produtos de hixiene de primeira necesidade en calquera establecemento da cidade.”

Fervenzas, a revista galega de traballo social que edita o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia acaba de saír do prelo. No número 16 recolle a nosa participación dentro da sección chamada "Espazo Aberto" cun texto que leva por título: Dereitos só para unha minoría? e que aquí compartimos:

Neste artigo queremos presentar a experiencia da Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia), punto de información e denuncia de dereitos sociais que desde finais do ano 2007 comezou a funcionar neste barrio vigués.

Nacer e vivir en Coia implica para a xente da ODS-Coia[1] asumir a historia dun barrio obreiro, neste caso, espazo creado nos anos 60 respondendo á necesidade de man de obra que precisaba a industria da cidade (Citroën, Vulcano, Barreras...).

O 2014 viu cunha nova lei de RISGA (Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia). A nova normativa trouxo mudanzas na prestación. Mentres non vexamos o decreto que a desenvolva e un aumento importante das partidas dedicadas, non saberemos se os cambios serán para ben. Polo momento o que atopamos na Xunta é caos e falta de cartos que impiden o acceso ao dereito a unha vida digna.

As persoas que percibían RISGA con anterioridade ao 2014 seguirán coa lei anterior, para paulatinamente nas renovacións de 2015 ir adaptándose á nova normativa.

Desde a ODS-Coia seguimos animando a loitar polos dereitos de todas. Os prazos de agarda pola RISGA seguen a ser moi elevados e insostibles para moitas persoas e familias. Por esta razón achegamos un novo modelo de alegación para presentar no rexistro da Xunta de Galicia.

As compas de Berri-Otxoak o din así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

Estes camiños tratamos de andar, e semella que o tempo de loita na rúa, nos despachos, nos rexistros presentando escritos... deron froitos. Nos últimos meses denunciamos a opacidade na xestión das axudas emerxencia municipais (AEM), a ausencia dun protocolo que respectara o procedemento administrativo legalmente establecido. Problemas que nos deixaban nunha situación de indefensión ante unha administración xorda ante a realidade social que viven as persoas.

A presión e as razóns que fomos quen de colocar trouxeron o recoñecemento da necesidade dun procedemento. Agora o concello recoñece que podemos presentar "a solicitude e documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou nos Centros Municipais de Servizos Sociais onde están as diferentes UTS."