Como sinalabamos hai uns días o mes de febreiro vai vir cargado de actividades sobre a renda básica das iguais en Galiza.

Unha delas será co alumnado de Traballo Social no campus de Ourense da Universidade de Vigo. Con eles estará Manolo S. Bayona o martes 4 de febreiro a partires das 11h30 animando a reflexión na charla que leva por título: "Da RISGA á Renda Básica das iguais". O acto vaise celebrar no sala multiusos da facultade de ciencias de educación (Ourense).

A vindeira fin de semana haberá dúas oportunidades de achegarse a unha ferramenta anticapitalista: A renda básica das iguai.

Aproveitando que Manolo S. Bayona vai estar uns días por terras galegas a xente de O Peto o convida o sábado 1 de febreiro a dar unha charla sobre a RBis. Será en Vigo dentro da asemblea que AIS O Peto celebra en Vigo nos locais de Proclade (r/Honduras 7). Comezará ás 19h00 xa que antes celébrase a asemblea de dita asociación.

E o domingo 2 de febreiro en O Carballiño, organizado polo Grupo de consumo consciente e responsable A Landra, terán un encontro, de novo con Manolo de Baladre, que falará da renda básica das iguais. Será ás 18:00 horas no salón de actos do Casino do Carballiño. O acto está ecadrado dentro dunhas Xornadas sobre economía social.

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia Cristo da Victoria vimos denunciando dende hai tempo, máis aló da absoluta insuficiencia dos recursos económicos destinados por Concello e Xunta a paliar a grave situación de empobrecemento da cidadanía, o funcionamento arbitrario e inxusto dos Servizos Sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais (AEM), destinadas a persoas ou familias en situación de necesidade social para sufragar gastos persoais, de vivenda, aloxamento, alimentación e atención sanitaria.

No contexto desa denuncia pública, consideramos imprescindible deixar constancia por escrito da realidade de indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos ás UTS para solicitar unha AEM.

O mércores 5 de febreiro celébrase no local de A Cova da Terra (Lugo) a charla: "Da centralidade do emprego á centralidade da vida. A Renda Básica das iguais". Manolo Saez Bayona e Mari Fidalgo farán unha presentación desta ferramenta de loita contra o capitalismo e o heteropatriarcado. O acto comezará ás 20h00.

Achegamos algunhas preguntas que lanzan as organizadoras desta actividade:

Ata cando imos seguir loitando polo emprego cando desde todos os sectores se admite que o plena emprego non vai existir nunca?

Por que entón non poñer claramente no centro ás persoas e unha vida digna para todas?

A ILP pola Renda Básica está xa no congreso e dentro de nada comezará a recollida de sinaturas, pero sobre todo unha andaina para reforzar e abrir máis posibilidades ao traballo feito dende hai anos. En Galiza pronto comezaremos a dar novas sobre este asunto.

Achegamos a crónica elaborada pola xente do Movemento Contra o Paro e a Precariedade, Renda Básica XA! do acto de entrega de onte no Congreso:

Onte 15 de Xaneiro de 2014, o Movemento Contra o Paro e a Precariedade presentou no Congreso dos Deputados a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica, que demanda como dereito social unha Renda para todas e todos os cidadáns do estado español que asegure unha vida digna.

clasificacion: 
Etiquetas: 

A xente de Irimia quiso achegarse ao noso traballo a través dunha entrevista a Diego para a súa revista. Da súa web extraímos unha explicación sobre a tarefa desta asociación: a "Asociación Irimia" foi fundada en 1978. Desde aquela veu arroupando diversas actividades na liña de promover unha galeguidade cristiá, solidaria cos máis débiles e en diálogo con calquera persoa ou colectivo comprometidos nos mesmos valores.

A entrevista completa:

Continuamos o noso percorrido polo país, traendo a estas páxinas pequenas iniciativas que nacen desde abaixo en tempos de crise e recorte. Nesta ocasión visitamos Coia, en Vigo, onde se desenvolve a actividade da Oficina de Dereitos Sociais, para defender eses logros históricos que marcan a diferenza entre o progreso social e a barbarie neoliberal. Conversamos con Diego Lores.

No mes de febreiro a xente de Baladre en Galiza estará por diferentes localidades facendo diferentes actividades ao redor da renda básica das iguais. Lugo, Vigo, Ourense... serán algúns dos lugares que visitaremos nesta minixira.

No pasado mes de novembro estiveramos tamén de enredos. Achegamos agora un vídeo no que Manolo S. Bayona explica a RBis na xornada formativa para partidos e sindicatos sobre a RBis.

A revista A