Atopamos na web de Argilan: "Plataforma de loita contra a exclusión social do sindicato ESK" moitas entradas interesantes... Publicamos unha delas sobre os bancos de alimentos.

O banco de alimentos de Vigo vai recibir 83.000 euros do concello para axudas e pago do alugueiro da nova nave, era un dos titulares do Faro de Vigo hai uns días. Se facemos memoria lembraremos que os Bancos de Alimentos foron premiados en 2012 co premio Príncipe de Asturias da Concordia e que neste momento son organismos con moito tirón mediático que son presentados como case as únicas respostas para afrontar o empobrecemento máis descarnado.

O texto de Argialn leva por título: ¿ES EL BANCO DE ALIMENTOS LA SOLUCION? O ¿ES PARTE DEL PROBLEMA?

O día 14 de decembro vai facer un ano da presentación en Compostela de "Repartindo a nosa riqueza. Estudo de viabilidade da renda básica das iguais en Galiza". Aproveitamos para contarvos que o podedes adquirir en Vigo na Cova dos Ratos, ODS-Coia e nas librarías Mendinho e Andel por 10€.

Para celebrar que o aniversario deste libro imos publicar unha serie de textos que introducen a materia. O primeiro deles, é o elaborado por Mari Fidalgo leva por título: "Apostar por unha vida digna, apostar pola RBis". Aquí o tedes:

clasificacion: 

Achegamos o texto que limos hoxe na concentración que fixemos na praza do Rei diante do Concello de Vigo.

"Menos rollos, máis solucións"

O pasado xoves, 17 de outubro, celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS), queremos celebrar publicamente esa data que nós rebautizamos como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Hoxe 23 de outubro ducias de persoas convocadas pola Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) quixeron celebrar publicamente o Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Con motivo deste Día contra a riqueza, concentrámonos ás 11:30 horas na Praza do Rei baixo o lema “Menos rollos, máis solucións”. Todas as persoas que alí estabamos fomos envoltas cun rolo de papel por dúas personaxes caracterizadas como o Alcade de Vigo, Abel Caballero, e o Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo, quedando de manifesto que a súa resposta ás demandas xustas da cidadanía máis empobrecida non son máis que “rollos”, nunca solucións.

Posteriormente procedemos a ler un manifesto no que, por unha banda, presentamos a Iniciativa Lexislativa Popular estatal por unha Renda Básica; e por outra, esiximos unha vez máis ao Concello de Vigo que respecte o procedemento administrativo legal e regulamentariamente establecido na tramitación e concesión das Subvencións Directas Individuais de Emerxencia Social e, en concreto, que permitan ás persoas que solicitan ditas axudas que presenten por escrito as solicitudes nas UTS, mediante formulario normalizado e conservando unha copia selada.

Hoxe 17 de outubro celébrase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS) queremos celebrar publicamente esta data, que nós rebautizamos como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

Con motivo deste Día contra a riqueza, organizaremos dúas actividades:

clasificacion: 
Etiquetas: 

Achegamos o chamamento da PAH Vigo Tui-Baixomiño para as

Publicamos na nosa web, co afán de darlle toda a difusión posible, a convocatoria galega de actividades dentro da "Semana de loita contra as fronteiras".

Pablo Pampa, un dos co-autores do libro "¿Qué hacemos con las fronteras?" ofrecenos estas palabras que poden servir de introducción desta semana de actividades:

"Más de 20.000 cadáveres escupidos por el mar, y una cifra estimada en 6.000 cuerpos desaparecidos, son la consecuencia de las últimas dos décadas de control de fronteras llevado a cabo por la Unión Europea.

En España, desde el año 2006, el Ministerio de Interior ha destacado el éxito de su política fronteriza, especialmente la disminución en la llegada de migrantes a nuestras costas. En sus números nunca aparecen las personas muertas o desaparecidas, hasta que tragedias como la de ayer les obliga a sacar su hipocresía. Mientras, siguen ordenando sus redadas racistas, torturando en Centros de Internamiento de Extranjeros y programando vuelos de expulsión masiva."

O 17 de outubro celebrase o Día Internacional Contra a Pobreza. As xentes da ODS-Coia, da comunidade cristiá do Cristo da Victoria e do G.A.S.