Publicamos na nosa web, co afán de darlle toda a difusión posible, a convocatoria galega de actividades dentro da "Semana de loita contra as fronteiras".
Pablo Pampa, un dos co-autores do libro "¿Qué hacemos con las fronteras?" ofrecenos estas palabras que poden servir de introducción desta semana de actividades:
"Más de 20.000 cadáveres escupidos por el mar, y una cifra estimada en 6.000 cuerpos desaparecidos, son la consecuencia de las últimas dos décadas de control de fronteras llevado a cabo por la Unión Europea.
En España, desde el año 2006, el Ministerio de Interior ha destacado el éxito de su política fronteriza, especialmente la disminución en la llegada de migrantes a nuestras costas. En sus números nunca aparecen las personas muertas o desaparecidas, hasta que tragedias como la de ayer les obliga a sacar su hipocresía. Mientras, siguen ordenando sus redadas racistas, torturando en Centros de Internamiento de Extranjeros y programando vuelos de expulsión masiva."
A continuación o texto da convocatoria na que tamén participamos:
O Foro Galego da Inmigración organiza xunto a colectivos sociais unha Semana de Loita contra as Fronteiras do 21 ao 25 de outubro.
Pasado un ano da entrada en vigor do Real Decreto 16/2012, que retira o dereito á asistencia sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, o Foro Galego da Inmigración quere denunciar a trama de fronteiras que a política de estranxeiría española impón ás persoas migrantes.
Entendemos as fronteiras de forma ampla, abarcando desde os pasos fronteirizos exteriores até toda unha profusión de prácticas institucionais e policiais que, moitas veces de forma menos perceptible, instauran barreiras entre as persoas que habitamos un territorio en función da procedencia, trazos étnicos ou outros signos identitarios.
Desde os colectivos organizadores, sostemos que o acceso diferencial ao sistema de dereitos, como é o caso do fundamental dereito á saúde, representa un elemento máis do armazón de fronteiras interiores arquitectado polo poder estatal, coa cumplicidad doutros niveis admnistrativos. O objectivo non é outros que apuntalar a situación de subordinación e explotación das persoas migrantes e promover a división entre diferentes grupos sociais, empregando a competencia por recursos escasos e a creación dun inimigo interno como método de control e disciplinamiento social.
Con esta semana queremos denunciar as consecuencias da política migratoria española e europea, inserida no marco de desigualdade, e consecuente mobilidade forzada, xerado polo sistema capitalista.
E como exemplo paradigmático da engrenaxe de fronteiras institucionais examinaremos o efecto da aplicación do Decreto Sanitario, e do seu parche galego, o Programa Galego de Atención á Saúde Pública, no acceso á asistencia sanitaria das persoas migrantes.
Para iso, contaremos coa participación de Eduardo Romero, integrante do colectivo asturiano Cambalache, autor de diferentes textos sobre políticas migratorias e co-autor do libro "¿Qué hacemos con las fronteras?".
Entre as actividades que compoñen esta semana de loita, están as presentacións do libro en Vigo, Ourense e Coruña, coloquios en Compostela e Ferrol baixo o título "Fronteiras. Diferentes dispositivos, mesma función. Políticas migratorias e exclusión de dereitos", nos que participará Eduardo Romero e activistas polo dereito á saúde universal. A semana completarase cunha rolda de prensa e dous actos reivindicativos en Compostela.