Charla en Lugo: Da centralidade do emprego á centralidade da vida. A Renda Básica das iguais

O mércores 5 de febreiro celébrase no local de A Cova da Terra (Lugo) a charla: "Da centralidade do emprego á centralidade da vida. A Renda Básica das iguais". Manolo Saez Bayona e Mari Fidalgo farán unha presentación desta ferramenta de loita contra o capitalismo e o heteropatriarcado. O acto comezará ás 20h00.

Achegamos algunhas preguntas que lanzan as organizadoras desta actividade:

Ata cando imos seguir loitando polo emprego cando desde todos os sectores se admite que o plena emprego non vai existir nunca?

Por que entón non poñer claramente no centro ás persoas e unha vida digna para todas?

Por que non falar dun reparto real e total da riqueza que xeramos entre todas?

Como conecta a Renda Básica das Iguais coas reivindicacións feministas?