A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos o vindeiro mércores 26 de marzo unha concentración diante da Xunta de Galicia baixo o lema: Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!
Comezaremos a partires das 11:00 diante das portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (r/Concepción Areal 8). No acto faremos unha representación, da que so podemos adiantar que terá que ver con esta nova: "A Xunta subvenciona carriños de golf aos clubes".
Mentres a Xunta malgasta os cartos de todas, a maioría das galegas malviven no medio da riqueza duns poucos, e cunhas políticas sociais que son pura esmola ou caridade.
A RISGA é un triste exemplo de todo isto: orzamentos insuficientes, contías rídiculas, prazos de resolución longuísimos...
Contra a exclusión, redistribución! Renda Básica das iguais, XA!