video

Coa cadea humana do domingo puidemos ver que a xente de Coia e da cidade está disposta a loitar polos dereitos sociais, no caso do domingo baixo o berro colectivo: Os cartos de todas para todas!

A diferencia doutras ocasións a cobertura dos medios foi bastante ampla, tanta no ámbito local como estatal. Dentro deste traballo queremos destacar o feito polas compas de Galiza contrainfo que cubriron o acto cunhas fotos (aquí) e video (aquí) moi chulos.

Achegamos a crónica publicada na web da biblioteca do IES A Paralaia (Moaña) da charla de Manolo S. Bayona sobre os 30 anos de Baladre. Hai vídeo incluídoi!

O pasado 25 de novembro tivemos a oportunidade de escoitar no noso centro unha charla a cargo de Manolo S. Bayona, baixo o título: “Baladre. 30 anos loitando contra o empobrecemento”. Baladre é unha coordinación a nivel estatal de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Está formada por colectivos e xentes baixo unha vontade común: a loita contra a desigualdade e a inxustiza que provoca o capitalismo.

Este ano, a piques de rematar, trouxo os 30 anos de existencia da coordinación Baladre. Para celebrarmos este aniversario este verán púxemonos en marcha.

A pasada fin de semana Mari Fidalgo, compañeira de Baladre, axudounos a desmontar o heteropatriarcado na xornada formativa sobre a Renda Básica das Iguais.

O 2014 traerá, non sabemos aínda cando, un libriño de Baladre sobre RBis e feminismo, no que teremos as reflexións de Mari e doutras compañeiras sobre estas cuestións tan necesarias para parir outros modos de vida.

Un anaco da súa exposición neste vídeo: www.youtube.com/watch?v=xFoK3JtVDb4&feature=em-upload_owner

Achegamos o vídeo do debate no que participaron as compas Mari Fidalgo de Baladre e Diego da ODS-Coia, que contou tamén coa presenza de Fran del Buey e de Daniel López. Moitas grazas á xente de Galiza Ano Cero polo seu traballo de comunicación! Así presentan na súa web o debate que leva por título "Que significa ser pobre":

Un dos efectos máis notábeis do actual proceso de recesión económica é o aumento do empobrecemento xeral e das taxas de cidadáns e cidadás con dificultades no acceso aos servizos públicos.

Sen embargo, o relato xerado arredor desta situación móvese entre dous vectores: o da criminalización de quen padece de xeito máis extremo esta coxuntura e, á vez, unha espectacularización da mesma, ante a que a única saída proposta parece ser a caridade.

"Vivir dignamente é un dereito” é o berro compartido que, desde a última imaxe do seguinte vídeo, nos fala do contido da campaña que desenvolvimos a ODS-Coi

A falla e a insuficiencia de ingresos está a provocar moi graves problemas no día a día de moitas persoas dos nosos barrios.
Como denunciabamos hai unhas semanas (GAS “PENOSA” di: se non tes castos “APAGA E VÁMONOS”), a pobreza enerxética comeza a ser un concepto que por desgraza afecta cada día a máis sectores da poboación. Por este concepto enténdese a dificultade ou incapacidade de manter o fogar nunhas condicións axeitadas de temperatura a un prezo xusto. Dentro das causas que a orixinan pódense distinguir: baixo nivel de renda, baixa calidade da edificación e incremento dos prezos da enerxía.

Problemas coma este os compartimos con amplos sectores da poboación de países coma Portugal o Grecia que sofren as políticas marcadas pola Unión Europea. Achegamos un vídeo titulado "Recortes eléctricos" que nos presenta: “Los cortes de electricidad en Grecia se extienden debido al paro, al aumento de las tasas y a la aprobación de un tributo sobre la propiedad inmobiliaria que se cobra a través del recibo de la luz. Este vídeo muestra los testimonios de hogares afectados y la labor del grupo "Yo No Pago", que ayuda a reconectar la electricidad de las casas sin luz.”

Deixamos o vídeo da conferencia no Colexio de Traballo Social de Galiza que deron en Compostela Manolo e Jose Iglesias baixo o título:Hai alternativas ao capitalismo? A Renda Básica das iguais.

É unha mágoa que o final da charla estea cortado pero os trinta minutos que dura o vídeo son moi recomendables para afondar no coñecemento da Renda Básica das Iguais.

O podedes ver neste enlace: youtube.com/watch?v=Lt_rTTiVA7k&feature=youtu.be

Onte comezou a moverse por internet un vídeo titulado "Nosaltres" -moi chulo por certo- cun comunicado de apoio ás persoas detidas na folga do 29M. Moitas das súas palabras as facemos tamén nosas...

Achegamos o comunicado traducido ao castelán:

Comunicado del grupo de apoyo de Sants con las detenidas por el 29m: "NOSOTRAS ante la represión"

Nosotras, con este comunicado, hemos venido a manifestar un posicionamiento colectivo. Una toma de posición que sabemos que puede ser incómoda, que nos genera dudas e incertidumbres, pero que sabemos rotundamente comprometida con las que son nuestra gente. Nosotras, superando los miedos y los discursos fáciles, hemos venido a hablar claro.

As compañeiras de Gzcontrainfo colgaron un video sobre a ref

Achegamos un vídeo que cunha proposta estética moi sinxela lanza unha mensaxe moi forte.