instituto

Achegamos a crónica publicada na web da biblioteca do IES A Paralaia (Moaña) da charla de Manolo S. Bayona sobre os 30 anos de Baladre. Hai vídeo incluídoi!

O pasado 25 de novembro tivemos a oportunidade de escoitar no noso centro unha charla a cargo de Manolo S. Bayona, baixo o título: “Baladre. 30 anos loitando contra o empobrecemento”. Baladre é unha coordinación a nivel estatal de loitas contra o paro, o empobrecemento e a exclusión social. Está formada por colectivos e xentes baixo unha vontade común: a loita contra a desigualdade e a inxustiza que provoca o capitalismo.