Debate en Galiza Ano Cero: ¿Qué significa ser pobre?

Achegamos o vídeo do debate no que participaron as compas Mari Fidalgo de Baladre e Diego da ODS-Coia, que contou tamén coa presenza de Fran del Buey e de Daniel López. Moitas grazas á xente de Galiza Ano Cero polo seu traballo de comunicación! Así presentan na súa web o debate que leva por título "Que significa ser pobre":

Un dos efectos máis notábeis do actual proceso de recesión económica é o aumento do empobrecemento xeral e das taxas de cidadáns e cidadás con dificultades no acceso aos servizos públicos.

Sen embargo, o relato xerado arredor desta situación móvese entre dous vectores: o da criminalización de quen padece de xeito máis extremo esta coxuntura e, á vez, unha espectacularización da mesma, ante a que a única saída proposta parece ser a caridade.

Tentando fuxir destas gramáticas, a mesa de Galiza Ano Cero reune activistas que, desde distintas perspectivas, afrontan as diversas situacións de exclusión social que se manifestan hoxe no país; e lanzan unha pregunta: que significa ser pobre?

Podedes ver o vídeo neste enlace: https://vimeo.com/79484904