As compañeiras de Gzcontrainfo colgaron un video sobre a reforma das pensións, a propósito da mesa redonda celebrada en Coia o pasado xoves 20 de xaneiro e organizada polo Espazo Unitario de Mobilización Social na que se analizaron os problemas que vai traer a reforma de pensións, os trocos introducidos pola reforma laboral e o recorte de dereitos sufridos no ámbito dos dereitos sociais.
Na mesa estabamos ademais da ODS-Coia dous membros de sindicatos (CXT e CUT), a mesa serviu de oportunidade para achegarse ás últimas medidas que acrecentan o recorte de dereitos que vimos padecendo nos últimos anos en distintos ámbitos. Na mesa estivo presente a necesidade da mobilización social para tentar de frear estes recortes, e unha data quedou marcada nos nosos calendarios que foi a folga xeral do xoves 27.