Grecia

A falla e a insuficiencia de ingresos está a provocar moi graves problemas no día a día de moitas persoas dos nosos barrios.
Como denunciabamos hai unhas semanas (GAS “PENOSA” di: se non tes castos “APAGA E VÁMONOS”), a pobreza enerxética comeza a ser un concepto que por desgraza afecta cada día a máis sectores da poboación. Por este concepto enténdese a dificultade ou incapacidade de manter o fogar nunhas condicións axeitadas de temperatura a un prezo xusto. Dentro das causas que a orixinan pódense distinguir: baixo nivel de renda, baixa calidade da edificación e incremento dos prezos da enerxía.

Problemas coma este os compartimos con amplos sectores da poboación de países coma Portugal o Grecia que sofren as políticas marcadas pola Unión Europea. Achegamos un vídeo titulado "Recortes eléctricos" que nos presenta: “Los cortes de electricidad en Grecia se extienden debido al paro, al aumento de las tasas y a la aprobación de un tributo sobre la propiedad inmobiliaria que se cobra a través del recibo de la luz. Este vídeo muestra los testimonios de hogares afectados y la labor del grupo "Yo No Pago", que ayuda a reconectar la electricidad de las casas sin luz.”

Baladre

Nosotras las Personas

Asociación Contra a Exclusión Social Alambique

Renta Básica das iguais