RBis

Tras a primeira semana galega pola RBis as xentes de Baladre volvemos coas presentacións do libro, desta banda en Redondela.

Con esta xornada abordaremos a necesidade de poñer en marcha espazos e dinámicas transformadoras, que partan da esixencia dos nosos dereitos a través da denuncia e da loita.

Seis días, nove localidades, trece presentacións, preto de 400 asistentes aos actos... Son algunhas das cifras desta primeira semana galega pola Renda Básica das Iguais (RBis). Para as persoas que nos implicamos na preparación e desenvolvemento destes días de actividades a valoración é tremendamente positiva.

Cando nos botamos á estrada non sabiamos o que nos iamos atopar en cada unha das localidades: Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Allariz e As Pontes. Agora podemos dicir que os encontros foron ricos e diversos con colectivos e persoas de ámbitos tan diversos como o: libertario, sindicalismo, profesional, feminismo, okupa, político... e que o intercambio foi rico e posibilitador, á hora de crear dinámicas que rachen co capitalismo.

Pasou voando a primeira semana pola Renda Básica das Iguais en Galiza. Pontevedra, Coruña, Ferrol, Compostela, Ourense, Lugo, As Pontes e para pechar este xoves 31 de xaneiro: Vigo.

En espazos okupados, con profesionais dos servizos sociais, compartindo co alumando de traballo social, con políticos e sindicalistas... e en xeral con moitas persoas que andan na procura de saídas a este sistema. O intercambio foi rico e semella que ferramentas como a RBis poden ser útiles para a poboación galega que malvive fronte a novas como que o patrimonio de Amancio Ortega daría para a RBis durante ano e medio en Galiza.

Mañá, venres 25 de xaneiro, comeza o movemento polo dereito a vivir dignamente, o movemento pola RBis. O traballo que diferentes colectivos sociais de Galiza da os seus froitos coa andaina desta 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais.

Entre o 25 ao 31 de xaneiro, en case unha decena de cidades e vilas galegas, realizaranse presentacións do libro “Repartindo a nosa riqueza”, publicación que saíu á luz o pasado mes de decembro e que expón os resultados do estudo da viabilidade da implantación da Renda Básica das Iguais en Galiza (RBis).

Recordamos que a Renda Básica das Iguais consiste no dereito que ten cada persoa a percibir periodicamente uns ingresos que lle permita cubrir as súas necesidades e que ha de percibirse de xeito individual; universal e incondicional e cuxa contía económica sexa, polo mínimo, igual ao limiar de pobreza. As vías para acadar os ingresos necesarios para implantación deste dereito consisten na re-asignación do gasto público e na reforma do sistema fiscal.

As compañeiras de Compostela organizan un obradoiro incluído na 1ª Semana Galega pola RBis e que leva por título: "Rachar coa centralidade do emprego, apostar pola centralidade da vida". A Renda Básica das Iguais desde unha ollada feminista.

SÁBADO 26 DE XANEIRO - 16:30hs - Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa 7. Compostela)

Durante as Xornadas Ecofeministas que tiveron lugar no mes de decembro en Compostela, un puñado de mulleres feministas comezamos a accionar o noso interese por coñecer e discutir a proposta da Renda Básica das Iguais.

Estimuladas pola recente publicación do estudo da viabilidade social e económica para implementar esta ferramenta de reparto da riqueza no noso territorio, e desde a rabia e a rebeldía contra a escalada de empobrecemento, marxinación e violencia que está a castigarnos e máis á nosa xente; desde a insumisión ao proceso de precarización das nosas vida e dos nosos desexos, da tentativa de expropiarnos cada día un anaco máis de poder sobre nos mesmas, o noso corpo e a nosa existencia; desde ese estado de desobediencia e movemento creativo cara a outros xeitos de vivir, decidimos organizar este obradoiro.

Movéndonos polo dereito a vivir dignamente, movéndonos pola RBis! Con este lema as xentes de Baladre e colectivos parceiros avanzamos a programación da 1ª Semana Galega pola Renda Básica das Iguais.

O pasado mes de decembro, co galo da presentación en Compostela do libro “Repartindo a nosa riqueza”, que expón os resultados do estudo de viabilidade da RBis en Galiza, as persoas que vimos dinamizando a proposta no noso territorio decidimos dar uns cantos pasiños máis.

De cara a xerar debate sobre a utilidade desta ferramenta a hora de dar resposta á precarización que afoga a cada vez máis persoas – segundo os últimos datos do IGE, ao remate do 2012, seis de cada dez fogares galegos recoñecían a enorme dificuldade que supón chegar a fin de mes-, e a gravísima situación de exclusión na que se atopan outras moitas, propuxémonos movernos polo dereito a unha vida con dignidade e igualdade.

Cando vimos de saber que Galiza é o territorio no que máis subiu o paro no mes de decembro e que a Xunta propón un recorte de case 500 millóns de euros no gasto social para o 2013, novas que contrastan co anuncio de que o Amancio Ortega segue a incrementar indecentemente a súa fortuna, as xentes de Baladre pulamos por comezar o ano apostando pola renda básica galega.

Como xa dimos conta, o pasado 14 de decembro tivo lugar en Compostela a presentación do libro "Repartindo a nosa riqueza".

Mentres que pola maña tocou presentar os resultados do estudo aos medios de comunicación, acto ao que tamén compareceron integrantes do grupo parlamentario AGE, pola tarde estivemos no centro social Arredista onde ao redor dunha vintena de activistas sociais discutiron sobre os elementos que definen a proposta e o impacto que a súa aplicación puidera ter na poboación galega.

Imaxínate que todas recibíramos unha cantidade de cartos mensuais que nos permitise cubrir as nosas necesidades.

Dende a ODS-Coia expresamos o noso apoio á iniciativa de varios colectivos e persoas nacida estes días en Canarias baixo o nome de "Canarias por la Renta Básica de las Iguales".

Para comezar esta andaina fixeron unha "ocupación de la Cámara de Comercio, de manera simbólica, para exigir que el dinero de la Reserva de Inversiones de Canarias (RIC) sea destinado a las personas y no a la prevaricación de los grandes empresarios, nace Canarias por la Renta Básica de las Iguales (RBis). Canarias porla RBis es una coordinación de personas y organizaciones sociales, que mediante campañas de información y acciones, surge para exigir la aplicación de La Renta Básica de las Iguales en Canarias y para visualizar, quién tiene y dónde se encuentra la riqueza en Canarias. Sin el reparto de la riqueza que se genera y que nos pertenece a todas las personas que aquí vivimos, no puede haber justicia social. Sin acabar con el sistema capitalista que nos oprime y esclaviza no hay salida posible."

Non esteades impacientes! Este venres, 14 de decembro, todas aquelas que se acheguen a Compostela poderán ter nas súas mans un dos libros máis agardados do ano. O título: "Repartindo a Nosa Riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza".

Este libro recolle o traballo de varios anos das xentes de Baladre en Galiza co fin de demostrar a viabilidade económica, e tamén política, da proposta da Renda Básica das iguais.

Mari Fidalgo nun dos textos que abren o estudo propoñe esta reflexión:

"Unha comunidade está conformada por persoas que van actuar como forza de traballo e outras que non, xa sexa pola franxa de idade, estado físico ou ben por decisión propia. E todas precisan ser coidadas e ter garantidas unhas condicións de vida saudábeis. A condición de ser humano é o elemento primario da xeración de tal dereito e, a concepción da fraxilidade e interdependencia que caracteriza a nosa existencia, o sustrato para formular propostas que aborden a centralidade da vida como premisa para o reparto da renda e a xustiza social.

Baladre chega ao colexio de traballo social de Galiza en forma de conferencia co título: "Hai Alternativas ao Capitalismo?