Imaxínate que todas recibíramos unha cantidade de cartos mensuais que nos permitise cubrir as nosas necesidades.
Imaxínate que, ademais, unha parte deses cartos foran á comunidade e se tivesen que xestionar comunalmente.
Imaxínate que é un dereito de nacemento. Sen importar xénero, idade, lugar de procedencia, clase social, nivel formativo, anos de cotización ou meses no paro.
Imaxínate que non tes que xustificar nada para obtela. É, sinxelamente, túa.
Agora imaxínate que é economicamente viable; que incluso neste sistema de merda, hai cartos para logralo.
En paro, xubiladas, traballadoras do fogar, estudantes, traballadoras precarias,... como nos cambiaría a vida?
Para quen non a coñeza, preséntolles a ferramenta de transformación social: A RENDA BÁSICA DAS IGUAIS.
"Hai que arrincarlle ao sistema os nosos dereitos. Os dereitos gáñanse loitando, pero se non se continúa loitando, pérdense".