Pasou voando a primeira semana pola Renda Básica das Iguais en Galiza. Pontevedra, Coruña, Ferrol, Compostela, Ourense, Lugo, As Pontes e para pechar este xoves 31 de xaneiro: Vigo.
En espazos okupados, con profesionais dos servizos sociais, compartindo co alumando de traballo social, con políticos e sindicalistas... e en xeral con moitas persoas que andan na procura de saídas a este sistema. O intercambio foi rico e semella que ferramentas como a RBis poden ser útiles para a poboación galega que malvive fronte a novas como que o patrimonio de Amancio Ortega daría para a RBis durante ano e medio en Galiza.
Nada mellor que rematar esta semana con dúas charlas en vigo. Pola mañá coa xente de IMÁN, algúns dos cales participaron nun dos grupos de intensidade recollidos no libro. Será o xoves 31 no centro cívico do Casco Vello (Oliva 12) dende as 11h30. E pola noite, ás 20h30, na A. C. Bou Eva (Terzo de Fóra 11) coa compaña da xente da CUT. Nas dúas sesións contaremos coa presenza de Jose Iglesias, de Manolo S. Bayona e máis xentes de Baladre que se achegarán para este peche.