RISGA

Achegamos un artigo publicado no xornal O Correo Galego sobre a situación da RISGA. Nel ademais de achagarse a situación actual das persoas que acoden a esta prestación fai unha explicación da historia da RISGA.

"La Renda de Integración Social de Galicia (Risga) se reguló en 1991 con el doble propósito de aportar unos ingresos de subsistencia a hogares sin recursos y promover las condiciones para la reintegración social y/o laboral de sus miembros. Su ley de base, elaborada en un período libre de crisis económica, definió unos criterios de acceso que, en la práctica, dieron respuesta a dos perfiles mayoritarios (minoría étnica y monoparentalidad), sobrepasados desde 2009 por la situación de crisis y la destrucción de empleo.

A ODS-Coia xunto a xente do GAS (Grupo de Axitación Social) lanzamos unha campaña que leva por título: "Fronte a crise máis dereitos sociais e para todas":

Hai tempo que vimos sufrindo e denunciando as miserias que pasamos para ter uns ingresos mínimos en medio da riqueza duns poucos. No Estado Español a política de rendas mínimas, que regula as prestacións coñecidas aquí como RISGA, está en mans das comunidade autónomas pero iso non debe servir de escusa para xustificar as enormes diferenzas entre territorios.

O pasado 15 de decembro estivemos nos estudos da radio Piratona para presentar a campaña Silencio!

A ODS-Coia (Oficina Dereitos Sociais – Coia) e G.A.S. (Grupo Axitación Social) presentamos a campaña: Silencio! RECÓRTASE, coa intención de facer ruído ante o silencio que están a traer a morea de recortes sociais. Este é o texto elaborado para a mesma:

“A crise que sufrimos non é produto dun mal funcionamento ou dunha mala situación, é a consecuencia normal do seu bo funcionamento, canto máis rápido vai a locomotora máis xente sae despedida dos vagóns e máis veces descarrila.”

Precarias en loita

A ODS-Coia e GAS lanzamos a campaña que leva por título: "Os nosos dereitos si marchan de vacacións!".

Dereitos sociais, como ter as necesidades vitais cubertas, pérdense ante a escasez de orzamentos, o endurecemento dos requisitos de acceso, os retrasos... Por iso non permitiremos que marchen para non volver! Deixamos a continuación o texto da campaña e o díptico por si o queredes descargar:

A Oficina Dereitos Sociais – Coia (ODS-Coia) e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) lanzamos a campaña "Quen non vive aí?".

O título da campaña alude a un deses programas de televisión nos que se amosa groseiramente a riqueza e o luxo duns poucos, mentres a maioría estamos na obriga de vivir coa miseria que deixan os grandes capitais.

A campaña fai fincapé en seis colectivos que están a sufrir moreas de problemas para rematar o mes, mentres que dirixentes de grandes empresas ou bancos e políticos enchen as mans cos nosos cartos.

Noutras ocasións temos denunciado os retrasos á hora de tramitar e resolver as axudas sociais da Xunta de Galicia: RISGA e AES. A cousa parece que non cambia, senón que vai a peor, segundo infórmannos traballadoras da unidade de RISGA de Vigo.

As AES (Axudas de Emerxencia Social que veñen a cubrir problemas de vivenda, de saúde básica...) neste momento están paralizas por falla de cartos, polo que moitas persoas e familias teñen que engadir aos tempos de espera na tramitación e resolución -en Vigo máis de seis meses de media- este novo retraso ao non ter a Xunta cartos para estas axudas.

A prensa comeza a facerse eco dos retrasos e da mala organización dos servizos sociais públicos que están a quedar de manifesto ante o aumento de persoas que acoden a estes servizos para buscar solucións aos problemas provocados polo sistema agudizados aínda máis pola crise económica.

Os orzamentos non chegan, deixando claro que a atención e o recoñecemento dos dereitos dos máis empobrecidos non están nas primeiras páxinas das axendas políticas (artigo Público).

A atención no terreo dos servizos sociais está transferida ás comunidades autónomas sendo elas as encargadas de lexislar e poñer en marcha os servizos p