ILP renda básica

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada do Concello de Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.

No acto pretendiamos informar á cidadanía sobre a alternativa real que supón a Renda Básica coma instrumento transformador de loita contra a pobreza e de xustiza social, e tamén denunciar publicamente a situación de total indefensión e precariedade na que as institucións públicas deixan a unha poboación cada vez máis empobrecida, vítima dun sistema económico excluínte que impide que dispoña do imprescindible para vivir con dignidade.

A ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social volvemos á praza do Rei, nesta ocasión cun acto de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Será o venres 27 de xuño de 10:00 a 13:00 ás portas do Concello de Vigo.

O lema deste acto de recollida de firmas é: Fronte á esmola do "Cheque Social" esiximos dereitos: Renda Básica! No escrito de valoración do "cheque social" titulado: "O cheque social ou como nos dan gato por lebre" declarabamos que para nós "este programa resulta totalmente insuficiente e inxusto, non só pola evidente e mesmo insultante escaseza da contía orzamentaria, senón tamén polo seu carácter eminentemente restritivo tanto no que ten que ver cos ingresos máximos das persoas potencialmente beneficiarias, como nos anos de empadroamento esixidos."

Este sábado 21 de xuño Coia está de festa! Celebramos a Festa de A Bouza, na carballeira deste espazo verde que foi salvado do cemento pola veciñanza.

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. tamén participaremos nesta romaría cunha mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Dende as 12h00 ata o peche de festa, teremos habilitado un espazo onde ademais de asinar poderedes atopar información e materias sobre a Renda Básica das Iguais.

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada dun hipermercado en Coia para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse decenas de persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.

En so tres días temos acadado en torno a mil firmas de veciñas e veciños da nosa cidade. Porén a xente que estea interesada en asinar o pode facer tamén na ODS-Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia – Vigo), todos os luns de 17h00 a 19h00.

Esta mañá a Parroquia Cristo da Victoria, a ODS-Coia e GAS concentrámonos, de novo, xunto a entrada da delegación de Facenda en Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica.

A vindeira semana a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia "Cristo da Victoria" volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica.

O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas.

E o VENRES 13 de xuño, tamén de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1).

Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal.

Centos de persoas asinaron ás portas da delegación de Facenda en Vigo para que o dereito a vivir dignamente sexa unha realidade para todas. Un dos vieiros para facermos posible este dereito pode ser a Renda Básica, que quere chegar ao parlamento por medio dunha Iniciativa Lexislativa Popular da man de moitas persoas e colectivos.

ODS-Coia, GAS e parroquia do Cristo da Victoria xuntámonos, outra vez, para dar a coñecer a proposta da Renda Básica. Á entrada da delegación de facenda puxemos mesas, cadeiras, pancartas... e comezamos coa recollida de sinaturas. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas.

Comezamos a recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica e o faremos montando unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo.

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos este acto de rúa diante de facenda (r/Lalín 2) o venres 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas, ofreceremos información sobre a RB e aproveitaremos para denunciar que mentres medra a pobreza, tamén o fai o número de ricos no Estado Español. 1625 persoas teñen un patrimonio superior aos 23 millóns de euros no estado, o que supón un 7% máis que no ano 2012.

Aquí vai o programa do #peche 12 horas nos baixos da parroquia Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia) o sábado 15 de febreiro:

10:00 - Benvida e decoración

11:00 a 12:30 - Obradoiro axudas sociais. A información para esixir os nosos dereitos é fundamental. Coñece a nova RISGA, as axudas de emerxencia municipais...

11:00 a 13:00 - Actividades para nenxs

12:30 a 13:00 - Descanso

13:00 a 14:00 - Charla: O conflito do programa Sereos. As compañeiras do grupo Imán porán en común os meses de loitas tras o peche do programa Sereos situado na rúa Elduayen.

14:00 a 16:30 - Xantar comunitario. Traede comida para compartir.

A ILP pola Renda Básica está xa no congreso e dentro de nada comezará a recollida de sinaturas, pero sobre todo unha andaina para reforzar e abrir máis posibilidades ao traballo feito dende hai anos. En Galiza pronto comezaremos a dar novas sobre este asunto.

Achegamos a crónica elaborada pola xente do Movemento Contra o Paro e a Precariedade, Renda Básica XA! do acto de entrega de onte no Congreso:

Onte 15 de Xaneiro de 2014, o Movemento Contra o Paro e a Precariedade presentou no Congreso dos Deputados a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica, que demanda como dereito social unha Renda para todas e todos os cidadáns do estado español que asegure unha vida digna.

Organizada por Baladre e a ODS-Coia xunto á colaboración de Alternativa Galega de Esquerdas este sábado 23 de novembro temos a XORNADA de FORMACIÓN para PARTIDOS/SINDICATOS: A RENDA BÁSICA DAS IGUAIS

Será nos locais da parroquia Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia - Vigo) a partires das 10h00. Aínda que case todas as prazas están cubertas se alguén quere acudir que mande un mail a: dereitossociais@gmail.com para consultar se hai algún oco. O prazo remata o veres ao mediodía.