Formación para partidos/sindicatos: A Renda Básica das Iguais

Organizada por Baladre e a ODS-Coia xunto á colaboración de Alternativa Galega de Esquerdas este sábado 23 de novembro temos a XORNADA de FORMACIÓN para PARTIDOS/SINDICATOS: A RENDA BÁSICA DAS IGUAIS

Será nos locais da parroquia Cristo da Victoria (Baiona 9, Coia - Vigo) a partires das 10h00. Aínda que case todas as prazas están cubertas se alguén quere acudir que mande un mail a: dereitossociais@gmail.com para consultar se hai algún oco. O prazo remata o veres ao mediodía.

O programa é o seguinte:

1) viaxe ás entrañas da bestia

10h a 11h _ De Breton Woods á Unión €uropea

11h a 11h45 _ Desmontando o heteropatriarcado

11h45 a 12h00 _ Descanso

2) Arrancando un novo dereito: a renda básica das iguais

12h00 a 13h00 _  Das rendas mínimas á rbis

13h00 a 14h00 _ A renda básica das iguais

<< 14h00 a 16h00 - Xantar >>

3) Como desbordar o capitalismo: estratexias para chegar á RBis

16h00 a 17h30 _ Ferramentas para chegar á RBis: ILP estatal, puntos de información, estudos, radios comunitarias...

17h30 a 17h45 _ Descanso

17h45 a 19h _ Conclusións colectivas