ASINA o texto da Iniciativa Lexislativa Popular pola RENDA BÁSICA
Esixe os teus dereitos: Renda Básica das Iguais XA!
Ante o empobrecemento, a precariedade e a marxinación que nos impoñen, únete a nós para dicir BASTA!
Asina esta iniciativa para esixir aos representantes políticos a implantación dunha Renda Básica a nivel estatal.
A Renda Básica establece o dereito de toda persoa a recibir unha cantidade periódica que cubra as súas necesidades básicas. Constitúese como un dereito individual, universal e incondicional. A contía da Renda Básica será a equivalente ao limiar da pobreza, é dicir, de 645,33 € tomando datos de 2013.
Porque todas as persoas temos dereito a obter os ingresos suficientes que nos permitan vivir con dignidade.
Os cartos de todas para todas!
Renda Básica das Iguais Xa!