campaña

Seguen os problemas económicos para a maioría e mecanismos coma a RISGA en Galiza non están a funcionar deixando a persoas e familias na miseria por iso lanzamos esta campaña que leva por título "Sen dereitos, sen traballo, sen cartos... pero con DIGNIDADE":

Chegou o medo e con el unha marea de recortes que están a facer as nosas vidas, se cabe, moito máis difíciles. Unhas vidas que non chegaron a coñecer o estado do benestar e para as que paro, pobreza, precariedade, exclusión... levan sendo compañeiras dende sempre. Malia o costume, estes momentos están marcados pola rapidez na perda de dereitos, unha velocidade que responde ás présas do capital por eliminar toda carga para os seus movementos.

A ODS-Coia e o G.A.S. sacamos unha tirada de cartaces que levan por título "SE VENDE(N)" e co seguint texto:

- Alcalde de Vigo que cobra ao 65.000€/ano máis extras.

- Presidente da Xunta que cobra 72.000€ anuais e declarou ter un patrimonio de medio millón de euros.

(Falamos do que recoñecen claro, do que se levan en negro nunca saberemos nada...)

A OFERTA está dirixida para beneficio: das especuladoras urbanísticas, das empresas turísticas, das grandes multinacionais, de calquera empresa que se beneficie das privatizacións dos servizos públicos, das construtoras (“amigas”dos AVEs, das Humanizacións, dos Auditorios, das Cidades de Xustiza e dos pelotazos en xeral) e especialmente para a Banca sempre e en todo momento!

As compañeiras de Alambique lanzan unha campaña para o último trimestre do ano que leva por título: CANSADAS DE SER INVISIBLES.

Así explican o seu malestar:

Declaramos que estamos cansadas, aquí y ahora decimos que estamos cansadas de ser números en las estadísticas de las instituciones, de ser más 130.000 personas por debajo del umbral de la pobreza, de ser más de 80.000 desempleadas, de 8164 unidades de convivencia que perciben alguna cantidad por el Salario social básico.

Cansadas de no tener acceso a las ayudas que dicen de carácter social, de la carrera de obstáculos para poder acceder a las ayudas de emergencia o a un dinero para poder pagar la luz y el agua en un momento extraordinario de nuestras vidas.

A ODS-Coia xunto a xente do GAS (Grupo de Axitación Social) lanzamos unha campaña que leva por título: "Na defensa dos nosos dereitos, na defensa das nosas vidas":

Malia que os gobernos quérennos convencer repetindo deseguido que a situación económica non se está a traducir en recortes nos servizos públicos nin na coberturas sociais, a realidade que vivimos a maioría de nós deixa exemplos diarios desta perda de dereitos básicos a favor dunha minoría enriquecida que continúa sumando beneficios e mantendo os seus privilexios. Dentro da lóxica dos mercados, semella que poñer en perigo esta xenerosa marxe de beneficios sería moito máis desastroso que calquera tipo de recorte social.

Estamos fartas da pobreza, da desigualdade, dos ERE's, das reformas laborais, dos recortes sociais, das hipotecas, das subidas de prezos, da pre

A ODS-Coia xunto a xente do GAS (Grupo de Axitación Social) lanzamos unha campaña que leva por título: "Fronte a crise máis dereitos sociais e para todas":

Hai tempo que vimos sufrindo e denunciando as miserias que pasamos para ter uns ingresos mínimos en medio da riqueza duns poucos. No Estado Español a política de rendas mínimas, que regula as prestacións coñecidas aquí como RISGA, está en mans das comunidade autónomas pero iso non debe servir de escusa para xustificar as enormes diferenzas entre territorios.

A ODS-Coia (Oficina Dereitos Sociais – Coia) e G.A.S. (Grupo Axitación Social) presentamos a campaña: Silencio! RECÓRTASE, coa intención de facer ruído ante o silencio que están a traer a morea de recortes sociais. Este é o texto elaborado para a mesma:

“A crise que sufrimos non é produto dun mal funcionamento ou dunha mala situación, é a consecuencia normal do seu bo funcionamento, canto máis rápido vai a locomotora máis xente sae despedida dos vagóns e máis veces descarrila.”

Precarias en loita

O sábado 25 de setembro a partires das 20h00 presentaremos a campaña da ODS-Coia e de GAS: "Os nosos dereitos si marchan de vacacións!" no centro social de Xogo

A ODS-Coia e GAS lanzamos a campaña que leva por título: "Os nosos dereitos si marchan de vacacións!".

Dereitos sociais, como ter as necesidades vitais cubertas, pérdense ante a escasez de orzamentos, o endurecemento dos requisitos de acceso, os retrasos... Por iso non permitiremos que marchen para non volver! Deixamos a continuación o texto da campaña e o díptico por si o queredes descargar: