axudas sociais

O pasado venres 19 de setembro ao redor de corenta persoas participamos no obradoiro sobre axudas sociais, impartido pola xente da ODS-Coia e organizado p

A PAH Vigo Tui-Baixomiño co apoio da xente da ODS-Coia convidámosvos a participar no obradoiro titulado: "Axudas Sociais. Información para loitar polos nosos dereitos".

Dita actividade será o venres 19 de setembro a partires das 19h00 nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Coia - Vigo).

Se ficas sen ingresos, ou tes problemas para chegar a fin de mes, infórmate sobre as axudas sociais, tanto autonómicas como municipais: RISGA, Axudas de Emerxencia...

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos o vindeiro mércores 26 de marzo unha concentración diante da Xunta de Galicia baixo o lema: Menos golf, máis solucións! Axudas sociais dignas, non esmolas!

Comezaremos a partires das 11:00 diante das portas do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo (r/Concepción Areal 8). No acto faremos unha representación, da que so podemos adiantar que terá que ver con esta nova: "A Xunta subvenciona carriños de golf aos clubes".

Mentres a Xunta malgasta os cartos de todas, a maioría das galegas malviven no medio da riqueza duns poucos, e cunhas políticas sociais que son pura esmola ou caridade.

As compas de Berri-Otxoak o din así: Infórmate, reúnete con outras persoas e defende os dereitos sociais!

Estes camiños tratamos de andar, e semella que o tempo de loita na rúa, nos despachos, nos rexistros presentando escritos... deron froitos. Nos últimos meses denunciamos a opacidade na xestión das axudas emerxencia municipais (AEM), a ausencia dun protocolo que respectara o procedemento administrativo legalmente establecido. Problemas que nos deixaban nunha situación de indefensión ante unha administración xorda ante a realidade social que viven as persoas.

A presión e as razóns que fomos quen de colocar trouxeron o recoñecemento da necesidade dun procedemento. Agora o concello recoñece que podemos presentar "a solicitude e documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou nos Centros Municipais de Servizos Sociais onde están as diferentes UTS."

Volvemos e volveremos ao concello -e a onde sexa necesario- para defender os nosos dereitos, que a través da concellaría que dirixe Isaura Abelairas, négase a recoñecer aqueles máis básicos. A razón é a indefensión á que nos enfrontamos con frecuencia as persoas que nos achegamos aos servizos sociais municipais para solicitar Axudas de Emerxencia Municipais (AEM ), que son aquelas destinadas a sufragar necesidades sociais tan elementais como: vivenda, alimentación, vestimenta...

Cansas de que non escoiten, decidimos facer unha entrega colectiva e pública dun escrito dirixido a: Valedor do Cidadán, Valedor do Pobo e Defensor del Pueblo no que lles solicitamos que poñan fin ao funcionamento arbitrario e inxusto dos servizos sociais do Concello de Vigo no tocante ás Axudas de Emerxencia Municipais.

Por estas razóns a ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos unha CONCENTRACIÓN o XOVES 6 de febreiro ás 11h30 no CONCELLO (Praza do Rei), para logo entrar xuntas no rexistro e facer ENTREGA do ESCRITO de DENUNCIA.

Dende a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria denunciamos o funcionamento arbitrario e inquisidor dos Servizos Sociais do Concello de Vigo, máis concretamente no tocante ás coñecidas como Axudas de Emerxencia Municipais (AEM).

O Departamento de Políticas de Benestar Social, que dirixe a concelleira Isaura Abelairas, presentou para o ano 2013 un orzamento de 445.000 € destinados ao Programa de Subvencións Directas Individuais de Emerxencia do Concello de Vigo. Dentro deste programa aprobáronse as bases reguladoras destas axudas, en Xunta de Goberno Local de 28/12/2012.

Achegamos o texto que limos hoxe na concentración que fixemos na praza do Rei diante do Concello de Vigo.

"Menos rollos, máis solucións"

O pasado xoves, 17 de outubro, celebrouse o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social (GAS), queremos celebrar publicamente esa data que nós rebautizamos como Día contra a riqueza. A riqueza acumulada nas mans duns poucos, unha riqueza que non fai máis que medrar a costa dunha maioría de persoas cada vez máis ampla que padece a crecente precarización das súas condicións de vida.

O 17 de outubro celebrase o Día Internacional Contra a Pobreza. As xentes da ODS-Coia, da comunidade cristiá do Cristo da Victoria e do G.A.S. non estabamos satisfeitas con esta proposta e por iso rebautizamos a data como: "Día Internacional Contra a Riqu€za".