vivenda

Hoxe un pequeno grupo de persoas acudimos á rúa Jenaro de la Fuente ante a chamada de urxencia de Eugenia. Ás 11 da mañá axentes da policía nacional petábanlle na porta para informala de que ela e o seu fillo tiñan que deixar a vivenda e entregar as chaves.

2016 vai ser ano de eleccións autonómicas na Galiza. O goberno de Feijóo comeza a campaña enchendo o DOG de convocatorias: cheque bebé, ticket eléctrico, cambio de fiestras... Unha bocallada de medidas coas que o goberno quere agochar a perda de dereitos sufrida nestes anos.

Remataríamos ben rápido. A resposta ao falarmos da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo, á luz das consecuencias, é ben sinxela: ao servizo do poder, do capital.

Á última asemblea que fixemos acudiu unha veciña de Coia, que ten un cativo pequeno, na procura de apoio ante o inminente despexo que ten para finais de setembro.

O venres 10 de xullo, ás 11:30 no salón de actos da parroquia Cristo da Vitoria, a PAH Vigo-Tui Baixomiño, ODS-Coia e Os Ninguéns participaremos nunha rolda de prensa ofrecida polo compañeiro Juan Alberto Carreira, que foi recentemente afectado por unha orde de lanzamento do piso en alugueiro no que vive.

Alberto quere explicar o seu caso para ilustrar a problemática e visualizar que calquera de nós pode verse nesta situación; xunto a el, falaremos das dramáticas circunstancias nas que se atopan moitas viguesas afectadas por despexos e da falla de medidas por parte das institucións.

Asistimos nos últimos tempos, a como dende os medios de comunicación dun xeito incansable, martélase constantemente, con termos como: prima de risco, mercados financeiros, d

Achegamos o chamamento da PAH Vigo Tui-Baixomiño para asistires nun acto na sede central de Novagalicia Bancos o vindeiro mércores 16 de outubro ás 12h00 an

A semana pasada escoitando o programa de Radio 3 "CARNE CRUDA" atopámosnos cunha experiecia moi interesante dun grupo de mulleres que organizáronse para dar resposta aos seus probpemas de vivenda e metéronse a vivir nun edificio baleiro que bautizaron como Corrala de Vecinas "La Utopía".

Así explican esta experiencia na web de Carne Cruda:

"La Utopía es una corrala ocupada a ritmo de sevillanas, por mujeres de 30, 40, 60 años que han optado por habitar un edificio de viviendas nuevas que lleva cerrado desde que se construyó, hace dos años, y hoy es el hogar de 36 familias del barrio sevillano de La Macarena. Hartas de esperar, estas mujeres, han iniciado una revolución que llaman de la hierbabuena y consiste en echarse una mano entre vecin@s para superar problemas como los desahucios que afectan a miles de personas en nuestro país, el mismo en el que más de 3 millones de pisos están vacíos."

A semana pasada os medios de comunicación da cidade publicaban varias novas sobre a situación na que se atopan a familia de Casiano e Isabel.

O seu caso retrata os problemas de moitas de nós: dificultades para chegar a fin de mes, problemas de vivenda, falta de traballo, etc. Ante isto a resposta das distintas administracións é nula.

Cansos de aguantar esta situación achegáronse á ODS-Coia. Alí en común decidimos que o mínimo que podiamos facer era contar esta situación e usala para reclamar que a falta de dereitos e a indefensión ante o sistema capitalista non son anecdóticas. Por iso a varias mans construímos un texto dirixido ao Defensor del Pueblo, Valedor do Pobo e Defensor do Cidadán e que tamén achegamos aos medios, no que a maiores de contar a súa realidade esixían que se tomaran medidas.

Seguiremos na loita polos dereitos sociais de todas!