renda básica

En Galiza estamos dispostas a loitar polos nosos dereitos e por iso comezamos a movernos por unha Renda Básica Estatal dentro do Movemento contra o paro e a precariedade. Renda Básica, XA!

Achegamos o texto desta Iniciativa Lexislativa Popular POLA RENDA BÁSICA ESTATAL en galego para que o coñezades e o difundades:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

“Non somos mercadorías en mans de políticos e banqueiros”. Nas prazas de todo o Estado resoaron durante o ano 2011 estas palabras indignadas expresando o cansazo da cidadanía.

A crise multiplica o número de damnificados polas políticas capitalistas e neoliberais. Iso supuxo que 5977500 persoas estean en situación de desemprego segundo os datos da EPA do segundo trimestre de 2013. Recortes en sanidade, educación ou axudas á dependencia mediante a menor asignación orzamentaria e as privatizacións, entre outras medidas; e un preocupante aumento da precarización das condicións laborais e os abusos exercidos sobre os traballadores.

“Inadmitidas”. Ante a resposta da Xunta á esixencia dunha renda básica para garantir uns mínimos cos que vivir dignamente volvemos a seguir o camiño da denuncia pública. O fixemos cunha concentración e cun acto de entrega colectiva no edificio da Xunta de Galicia en Vigo.

Medio centenar de persoas con carteis rotulados coa palabra “inadmitidas” acudiron á chamada da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria para amosar claramente que non aceptamos a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica. A súa falla total de sensibilidade queda de manifesto xa que nin sequera contemplan a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Hoxe ademais o amosaron coa actuación da policía e da seguridade privada; xa que esta mañá volveron a poñer moitos atrancos para facer a entrega colectiva limitando o acceso ao rexistro.

Achegamos o texto que imos ler este venres 20 de setembro a partires das 11h30 no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo. No acto faremos unha entrega colectiva dos recursos que replican a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica:

O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos que presentamos o 27 de xuño exercendo o dereito de petición para esixir unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais.

A Xunta de Galicia nin sequera admitiu a trámite a nosa petición para, nun segundo momento, argumentar as razóns de fondo polas que a aceptaba ou a denegaba. Sinxelamente inadmitiu aducindo dúas razóns: a suposta existencia dun procedemento administrativo legalmente fixado para formular a pretensión obxecto de petición e a existencia dun procedemento parlamentario administrativo xa iniciado en trámite sobre o obxecto da solicitude.

Desde a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria queremos vos convidar a unha concentración e ao posterior acto de entrega colectiva dos recursos cos que respondemos á inadmisión da petición dunha renda básica para garantizar o dereito a vivir dignamente. O acto será o venres 20 de setembro a partires das 11h30 no edificio administrativo que a Xunta de Galicia ten en Vigo na rúa Concepcion Areal 8.

O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos presentados, exercendo o dereito de petición, esixindo unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais de todas as persoas.

A resposta da Xunta de Galicia pode resumirse nunha palabra: "INADMITIDAS".

O 22 de agosto chegaron as respostas da Xunta de Galiza, por letra da Consellería de Traballo e Benestar, aos escritos presentados o 27 de xuño cos que pediamos unha renda básica a través do exercicio do dereito de petición.

A resposta, que achegamos aquí: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/inadmision_xunta.pdf, pode resumirse nunha palabra INADMITIDA.

Ante esta non resposta non imos quedar nin caladas, nin paradas polo que adiantamos que o venres 20 de setembro ás 11h30 estaremos no edificio administrativo da Xunta de Galiza para facer unha entrega colectiva do recurso que deixamos neste enlace: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/reposicion_xunta_final.odt

Esgotaremos os camiños legais que sexan necesarios, e por iso animamos ás persoas que asinaron a folla de denuncia social que presenten o venres 20 o recurso.

Temos no punto de Coia moitas novidades de Baladre en forma de materiais á venda. Se queredes facervos con elas pásadevos o luns de 17h00 a 19h00 polos locais da parroquia do Cristo da Victoria en Coia ou avisade no mail: dereitossociais@gmail.com

As novidades son:

- Camisetas conmemorativas dos 30 anos de Baladre, só quedan tres modelos xa que as do Principiño están esgostadas. O prezo é de 10€

- Chapas 30 anos de Baladre, a 1€ a unidade.

- O último libriño de Jose Iglesias: "De la renta básica a la riqueza comunal. Dos instrumentos y un proceso hacia la sociedad comunal". O prezo dos libriños é de 3€.

Achegamos a nota de prensa ante a resposta negativa do concello (pinchando aquí) á petición dunha Renda Básica para vivir dignamente:

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a Parroquia do Cristo da Victoria, dentro da campaña “VIVIR DIGNAMENTE É UN DEREITO” fixemos, o 27 de xuño deste ano, un acto de entrega masiva e pública de 92 Follas de Denuncia Social onde se solicitaba ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia o recoñecemento e concesión dunha renda básica de 863 €/mes, que permitise a todas as persoas cubrir as súas necesidades básicas e vivir con dignidade.

O instrumento xurídico utilizado para tal fin foi o dereito de petición, dereito constitucionalmente recoñecido e que permite á cidadanía realizar solicitudes formais sobre calquera materia competencia das administracións públicas.

O pasado luns 1 de xullo xente da ODS-Coia estivemos na reunión celebrada na parroquia de San Carlos de Borromeo (Madrid) para lanzar unha ILP pola Renda Báisca en todo o Estado. A continuación deixamos un pequeno texto resumo da reunión e un vídeo onde dúas compañeiras explican o contido do encontro:

El 1 de julio de 2013, Campamentos Dignidad de Extremadura y Comisión Frente y Sociedad del Frente Cívico Somos Mayoría hicieron un llamamiento a todos los movimientos, colectivos y personas en la Parroquia de San Carlos Borromeo (Vallecas/Entrevías - C/ Peironcely, 2 -Madrid) con el siguiente objetivo: Propuesta de una ILP de ámbito estatal ante la necesidad urgente de una Renta Básica de Ciudadanía para hacer frente a la situación de empobrecimiento y precarización de las condiciones de vida de millones de conciudadanos.

O Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica de Lugo organiza unha mesa redonda cos representantes dos grupos políticos que respostaron á nosa invitación, para falar do proxecto de modificación da RISGA que se está a tramitar no Parlamento de Galicia.

No acto falarán: Carmen Adán, do BNG, e Juan Fajardo, de AGE.

Será o luns 8 de xullo, ás 20:00h, no salón de actos da casa sindical de Lugo (Ronda da Muralla).

Achegamos a convocatoria da reunión que o luns 1 de xullo vaise celebrar na parroquia de Entrevias (Madrid) para falar nada máis e menos que da posibilid

O vindeiro martes 25 de xuño agardamosvos para preparar con nós os paraugas ou parasois que levaremos ao acto de peche da campaña "Vivir dignamente é un dereito" coa que a través recollida de follas de denuncia social esiximos a concello e Xunta unha renda básica que cubra as nosas necesidades básicas.

Vinde con PARAUGAS e PARASOIS ao obradoiro no que os decoraremos con lemas reivindicativos, para facer deles instrumentos que nos defendan da que está a caer en forma de: paro, inxustiza, desigualdade, desafiuzamentos, corrupción, perda de dereitos...

Quedamos o martes 25 de xuño a partires das 17h00 nos baixos da parroquia do Cristo da Victoria (rúa Baiona 9, Coia).