Lugo

O Grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica de Lugo organiza unha mesa redonda cos representantes dos grupos políticos que respostaron á nosa invitación, para falar do proxecto de modificación da RISGA que se está a tramitar no Parlamento de Galicia.

No acto falarán: Carmen Adán, do BNG, e Juan Fajardo, de AGE.

Será o luns 8 de xullo, ás 20:00h, no salón de actos da casa sindical de Lugo (Ronda da Muralla).

Compañeiras de Lugo comezan co Grupo de dereitos sociais e renda básica, tivemos a sorte de coñecer a algúns das persoas que o integran en Coia. Dende a ODS-Coia queremos amosarlles todo o noso apoio e ánimos.

Debido á actual crise/estafa, a maior parte da riqueza producida na nosa sociedade vai a parar a unha minoria de ricos cada vez máis ricos, o que leva a unha maior desigualdade social, desemprego, traballo precario, e maiores dificultades para moitas familias que non ven cubertas as súas necesidades máis básicas (alimentación, vivenda, saúde,...). A información e a atención (humana e económica) que veñen dando as institucións (SEPE/INEM, Xunta de Galicia, Servizos Sociais...) ante a necesidade de solicitar prestacións sociais como a renda activa de inserción (RAI), a renda de inclusión social de galicia (RISGA) ou as axudas de emerxencia social (AES), é escasa, confusa e moi burocrática.