Foro Galego Inmigración

Do 14 ao 17 decembro celébrase a Semana de Loita Contra as Fronteiras "Ningunha persoa sen dereitos!".

Paetillamos información sobre o interesante obradoiro que as compas de Raias Travesseiras organizan este sábado en Compostela:

Partillamos a información da campaña contra as deportacións que nos fan chegar dende o Foro Galego de Inmigración:

Non cabe dúbida de que o carácter represivo e criminalizador da política migratoria española e europea cada vez faise máis patente.

A brutalidade policial contra as persoas migrantes na fronteira sur, os voos de deportación masiva, as devolucións sumarias eufemisticamente chamadas “en quente” ou a recente posta en marcha da operación Mos Mairoum, macrorredada ideada polas institucións da Unión Europea (UE) co pretexto de combater as mafias e grupos delituosos, dan boa mostra diso.

O Foro Galego de Inmigración, xunto coa Oficina de Dereitos Sociais de Coia e máis o Grupo de Axitación Social (GAS), convocamos un acto público, con rolda de pren

O sábado 9 de febreiro ás 20h30 no CSA "A Cova dos Ratos" (Romil,3 - Vigo) convidámosvos a asistir á charla que leva por titulo: "Represión xenófoba, políticas migratorias e estratexias de resistencia".

Na que contaremos coa presenza de dúas compañeiras do colectivo Ferrocarril Clandestino de Madrid.

Ferrocarril é un colectivo que explora as consecuencias que as fronteiras teñen nas nosas vidas. Nos últimos anos teñen organizado campañas contra os controis policiais racistas, as persecucións a manterxs e os Centros de Internamento para Estranxeiros. Durante esta charla falarán entre outras cousas sobre os propios CIEs e as políticas europeas sobre migracións.

A ODS-Coia foi convidada a participar e coorganizar a mesa redonda e presentación: “Ninguén sobra nunha crise”.