Paetillamos información sobre o interesante obradoiro que as compas de Raias Travesseiras organizan este sábado en Compostela:
Desde o Colectivo Raias Travesseiras, xunto co Foro Galego de Inmigración e a Rede Galega de Apoio ás persoas refuxiadas organizamos o Obradoiro "Desafiando Fronteiras: Reflexionar sobre as migracións para comprender as desigualdades".
O noso obxectivo é ofrecer formación teórico-política ás persoas que están a facer un traballo cotiá na defensa dos dereitos das persoas migrantes e refuxiadas.
Todas somos susceptibles de vivir unha experiencia migratoria, xa sexa baixo a forma dunha migración internacional, nacional, rural-urbana, na nosa identidade ou orientación do desexo. Consideramos que esa reflexión vivencial, unida a unha formación axeitada e comprometida cos valores de xustiza social e solidariedade, pode axudarnos a comprender con maior claridade que papel xogan as migracións no actual contexto de globalización capitalista-patriarcal, así como o funcionamento das políticas migratorias europeas e internacionais.
_Para quen? Integrantes de colectivos, organización sociais e veciñais interesadas en coñecer mais de perto as múltiplas facetas que engloban os procesos migratorios.
_Cando? Sábado 12 de novembro en horario de 11:15 a 14:15 h.
_Onde? Local veciñal a Xuntanza. Corredoira das Fraguas 37, baixo (Compostela)
_Metodoloxía: participativa, vivencial e teórica, a través de dinámicas, traballo en pequenos grupos, reflexión e debate.
_Facilita: Raias Traveseiras# migracións#feminismos
_Inscricións: A actividade é de balde, e precisa de inscrición previa (para organizar mellor o espazo e a metodoloxía) no correo: raias.travesseiras@riseup.net
_Máis información no 687 368 314 (Mari Fidalgo)