Charla: "Represión xenófoba, políticas migratorias e estratexias de resistencia"

O sábado 9 de febreiro ás 20h30 no CSA "A Cova dos Ratos" (Romil,3 - Vigo) convidámosvos a asistir á charla que leva por titulo: "Represión xenófoba, políticas migratorias e estratexias de resistencia".

Na que contaremos coa presenza de dúas compañeiras do colectivo Ferrocarril Clandestino de Madrid.

Ferrocarril é un colectivo que explora as consecuencias que as fronteiras teñen nas nosas vidas. Nos últimos anos teñen organizado campañas contra os controis policiais racistas, as persecucións a manterxs e os Centros de Internamento para Estranxeiros. Durante esta charla falarán entre outras cousas sobre os propios CIEs e as políticas europeas sobre migracións.

Organizan: Raias Traveseiras, GAS e ODS-Coia e colabora: Foro Galego de Inmigración