Achegamos o audio subido con licenza libre da mesa redonda celebrada na o 10 de maio na Cova dos Ratos en Vigo na que participaron: Eduardo Romero do Colectivo Cambalache (Asturies) que presentou o seu libro "Un deseo apasionado de trabajo mas barato y servicial. Migraciones, fronteras y capitalismo", Mari Fidalgo do Foro da Inmigración (Compostela) e Diego Lores da Oficina de Dereitos Sociais - Coia.
Organizada polo Foro da Inmigracion, o Grupo de Axitacion Social e a Oficina de Dereitos Sociais do barrio de Coia o 10 de maio no CS A Cova dos Ratos de Vigo.
Poidedes escoitar as intervencións da mesa neste enlace: www.archive.org/details/MesaRedondaEPresentacionninguenSobraNunhaCriseEnVigo