crise

Cunha nova reforma laboral xa aprobada, a reforma do sistema de pensións en proceso de negociación (con vistas a aprobarse o 28 de xaneiro) e a continúo recorte de presentacións e dereitos sociais, fai patente que se lexisla en contra dos nosos intereses. Por suposto, non somos informadas: Ante as últimas reformas, cales son os nosos dereitos laborais e a cobertura social actual?

Mesa redonda informativa:

- Reforma laboral e das pensións. Novidades introducidas polas reformas e marco de dereitos actual. Ricardo Castro e Isidro Román, membros do espazo unitario de mobilización social e representantes sindicais.

Estas semanas varias situacións que se achegaron pola ODS puxéronlle rostro á miseria que está a provocar o raquitismo das políticas neoliberais en materia de

Baixo o título de: "A Crise: quen se beneficia da mesma e a quen benefician as políticas para erradicala?" GAS, Verdegaia e a ODS-Coia organizan unha charla na que poderemos contar coa presenza de Francisco Ferrer membro do Seminario Taifa de Economía Crítica de Barcelona.

A debilidade da economía local está servindo para asentar o poder dos grandes capitais. O alto nivel de paro e precariedade permite ao sistema afondar na reforma neoliberal do mercado de traballo, recortar as pensións e as coberturas sociais, ao tempo que as políticas económicas para enfrontar estes problemas están claramente orientadas a rescatar ás persoas máis ricas e poderosas en vez de garantir o benestar dos sectores populares.

Fartas de que cada mes as cifras do paro medren e que a situación do mercado laboral vaia a peor! Pois pensa e anímate a facer, aquí deixamos unha boa forma de loitar polos nosos dereitos: